Será este sábado 28 de novembro a partir das 21 horas na Sala Berlín.
La Rockipedia celebra o seu terceiro aniversario este sábado 28 cunha festa concerto que comezará as 21 horas na Sala Berlín de Ourense, coas actuacións dos grupos ourensanos Benchara e AcidProyect e os galegos Collón de Lola. Durante os conciertos haberá sorteos e algunha sorpresa máis para os asistentes. Ademais, os asistentes que leven posta a camisola de La Rockipedia, serán obsequiados cun chupito de balde. O prezo da entrada será de 3 euros.
A festa continuará cunha pinchada de rock no Pub Chiripa de 0:45 a 1:45, outra no Pub Avanti de 1:50 a 2:50 e outra no Pub Patio Andaluz de 3 a 4 da madrugada. En todas elas haberá regalos e prezos especiais para aqueles que acudan ca camisola da web ourensá.
La Rockipedia é un medio de comunicación musical afincado en Ourense que comenzou coma un pequeno blog musical creado por Pablo Feijóo Pascual, un melómano ca principal intención de dar a coñecer aquelas bandas de rock e metal que son descoñecidas para o gran público. Pouco a pouco foi chamando a atención dos medios de comunicación locais ata converterse no que é a día de hoxe: un medio de comunicación multiplataforma que conta cun programa nas canles de televisión locais de Ourense (Telemiño), Santiago (Santiago TV) e O Carballiño (Carballiño TV), un programa de radio semanal en Radio Líder Ourense e unha web onde se aúna toda a información sobre o rock ourensano, galego e nacional www.larockipedia.com