Fonte do Tinteiro

Por traballos de restauración na ribeira termal. A zona permanecerá 15 días pechada ao público.

 

A fonte do Tinteiro permanecerá pechada ao público desde o luns 30 de novembro e durante un prazo aproximado de 15 días. O peche débese ás obras de restauración da tarima de madeira, e ao acabado en pintura da varanda, do tanque da fonte e dos piares da pérgola.

Esta actuación corre a cargo do Obradoiro de Formación Ocupacional Ribeira Termal do Concello de Ourense, en virtude ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Ourense e a Axencia de Turismo de Galicia o pasado 28 de agosto, e que establecía a mellora das infraestruturas turísticas da cidade de Ourense.