Os 70 participantes no programa «Ourense Innova» reciclaranse profesionalmente como vixiantes de seguridade, azafatos/as, marketing e cociña creativa.
O Concello de Ourense ten planificado un programa de inserción laboral «Ourense Innovación” para este ano 2016, grazas á colaboracion coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que o financia con 134.000 euros, achegando o Concelllo 33.500 euros.
A selección dos participantes realizouse a través da Oficina de Emprego, recibíndose arredor de 400 peticións, das cales se seleccionaron 70 participantes. Estes participantes intégranse, segundo a orde da convocatoria en algúns destes colectivos de desempregados: risco de exclusión social, vítimas de violencia doméstica, baixa cualificación, inmigrantes, entre outros.
O equipo técnico municipal da Concellería de Promoción Económica, a través de itinerarios formativos e de orientación laboral, intentará acadar como mínimo, a inserción laboral plena e real do 45% destas persoas ata o 31 de agosto de 2016, data límite do programa.
A metodoloxía de traballo estará centrada na persoa, mediante un seguimento continuo coa finalidade de acadar a súa plena inserción laboral. Vixiante de seguridade, azafata/o e relacións públicas, cociiña creativa, gastronomía e pastelería, e márketing e publicidade serán as áreas nas que se centren as accións formativas.
O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, sinala que “é un dos obxetivos prioriotarios deste equipo de goberno buscar financiación, axudar e pór as ferramentas necesarias para a xeración de emprego na cidade. Para iso, son moi importantes os programas de emprego nos cales hai unha integración laboral real como é o caso deste programa «Ourense Innova».