O home atopábase descalzo e sen apenas roupa nun caixero da avenida Pontevedra.
Este domingo ao redor das 22 horas a Policía Local de Ourense acude ao caixeiro do Banco Caixa Xeral ubicado na avenida de Pontevedra, tras recibir unha chamada dos veciños da zona preocupados polo estado no que se atopaba un indixente, un varón de 48 anos coñecido na cidade e nada problemático, sen apenas roupa e completamente descalzo, só tendo un edredón para darse calor.
Ante as xélidas temperaturas nocturnas, os policías interesáronse por el, que lles explicou que lle roubaran parte das súas pertenencias, pero sen precisar cando nin como.
Tras ofrecerlle reiteradamente asistencia e pasar a noite no fogar do transeúnte, o indixente rexeitouno, preferindo permanecer no lugar descansando e sen molestar a ninguén. Pero estes axentes, xunto a outros compañeiros do turno, conseguíronlle uns zapatos, calcetíns e varios xerseis; e informárono dos lugares aos que podía acudir pola mañá para que lle facilitase axuda e máis roupa.