Terá lugar no Salón de Actos do IES desde o 25 ao 29 de xaneiro.
Nun intento por achegar a realidade empresarial e laboral ao alumnado do centro, os departamentos de Formación e Orientación Laboral e de Economía do IES 12 de Outubro de Ourense organizan a “2ª semana da empresa e o emprendedor”.
A “2ª Semana da Empresa e o Emprendedor” distribúese desde o 25 ao 29 de xaneiro; cada día terá lugar unha conferencia impartida por profesionais do mundo da empresa, expertos en marketing, comunicación e creación de emprego.
O programa conta coa colaboración de Paco Gallego, empresario e emprendedor en varias ramas de actividade, que será o encargado de inaugurar as xornadas o luns 25. O martes 26 contarán con César González, experto en comunicación de empresa, o mércores 27 con Martiño Fortes, fundador e xestor do espazo de Coworking Magma, o xoves 28 con Xosé Lois Reza, experto en marketing e o venres 29 terá lugar unha mesa redonda con antigos alumnos que crearon empresas, como INDOMOGAL, Perruquería Diego Negro, Cela´a Centro Estética e Talleres Doval.
Todas as conferencias comezan ás 11:30 horas no salón de actos do instituto 12 de Outubro de Ourense.
Este centro educativo situado no barrio da Ponte conta con tres familias profesionais de ciclos formativos (Imaxe Persoal, Electricidade e Electrónica e Fabricación Mecánica) nos que se imparten ensinanzas encamiñadas á capacitación profesional do alumnado que lles permita o acceso ao mundo laboral.