Rexeitan que supoña unha carga económica para os veciños.
Os socialistas prantexan o modelo que defenderon durante os seus oito anos de goberno para a implantación do transporte metropolitano, recordando que a Xunta “está obrigada a implantar o servizo mediante acordos xustos e equilibrados co Concello de Ourense, que en ningún caso, trasladen a este cargas económicas que corresponden ao Goberno de Galicia, nin cuestionen a autonomía municipal para ordenar o transporte urbano e a mobilidade”.
Como consecuenica, os socialistas só apoiarán a elaboración dun convenio no que se defenda que o Concello dispoña no futuro Consorcio “dunha maioría equivalente ao seu peso poboacional”; “en ningún caso o convenio pode alterar os compromisos contractuais coa concesión do servizo de transporte urbano” e “o Concello non deberá firmar un acordo que signifique algún tipo de transferencia material ou económica, directa ou indirecta, ó futuro Servizo de Transporte Metropolitano que corresponde financiar integramente á Xunta de Galicia”.
O PSOE considera o transporte metropolitano coma un “servizo público fundamental” para os cidadáns de Ourense, polo tanto, que dea unha resposta “ordenada, planificada, operativa, socialmente útil e economicamente eficiente” ás demandas de mobilidade actuais e futuras. Así mesmo, consideran preciso que sexa abordado no marco dun Plan Xeral de Mobilidade non só limitado aos municipios do entorno de Ourense incluídos na área metropolitana, senón que abranga tamén un segundo anel con vilas como Ribadavia, O Carballiño, Allariz, Xinzo, Monforte de Lemos, etc. e que resolva dun modo eficiente a relación da cidade co seu entorno económico- industrial, singularmente co Parque Tecnolóxico e cos Polígonos de San Cibrao e de O Pereiro.
Por úlitmo, lembran que é importante ter en conta que o Plan de Integración da Alta Velocidade prevé a liberación do actual corredor ferroviario que cruza a cidade de norte a sur, para que sexa aproveitado para a liña de transporte intermunicipal. “Esta alternativa, contemplada xa polo anterior goberno socialista, dentro do Documento de Inicio e Anteproxecto de Planeamento cara á revisión e Adaptación do PXOM, informado favorablemente pola Xunta, debe incorporarse, de non habelo feito xa, ó estudio e planificación da mobilidade en Ourense e o seu ámbito de influencia, e en modo algún debe obviarse no deseño do modelo de Transporte Intermunicipal ou Metropolitano”, conclúen.