Desde a chegada do novo goberno municipal popular executáronse traballos por importe de 2.179.990,50 euros, que supoñen o 78,44% do total.

O Plan de Investimentos do Concello de Ourense deu lugar na súa primeira fase a obras por importe de case 4 millóns de euros na cidade, en concreto, de 3.928.380,37 euros. Iniciado en 2014 recollendo as solicitudes e demandas recibidas no Concello, e dotado orzamentariamente por acordo plenario en outubro de 2014, traduciuse en obras de mellora de infraestruturas na cidade e perímetro rural, xa rematadas a día de hoxe, por importe de 2.779.237,02 euros.

Esto supuxo un aforro, con respecto á cuantía inicial, debido ás baixas nas adxudicacións e a colaboración con outras administracións, que foron precisamente as obras, por importe de 1.149.143,35 euros, para as que o Concello conseguiu financiamento a través dun Plan Especial de Cooperación coa Deputación Provincial de Ourense. Obras que o Concello adxudicou en senllas sesións da xunta de goberno local celebradas os días 30 e 31 de decembro de 2015, conseguindo salvar en tempo récord obras de singular importancia para a cidade como son rehabilitación da pasarela peonil sobre o río Barbaña, proxecto de saneamento na Besada-Santa Mariña,  renovación do firme e adecuación de accesibilidade na rúa do Mercado, renovación do firme na Praza Eiroás e rúa do Pazo, humanización da rúa Concello e instalación eléctrica para videovixilancia no polígono empresarial de Seixalbo; que serán as seguintes melloras que se realizarán e coas que se completa este plan.

Das actuacións incluidas no Plan de Investimentos, durante o mandato do anterior goberno municipal socialista se executaron obras por importe de 599.246,52 euros (que supoñen o 21,56% do total). Desde a chegada do novo goberno municipal (13/06/15 a 31/12/15) executáronse obras por importe de 2.179.990,50 euros, que supoñen o 78,44% do total.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, entregou aos grupos municipais de DO, PSdeG-PSOE e Ourense en Común o informe memoria do Plan de Investimentos, que recolle polo miúdo todas as actuacións realizadas. Así mesmo, reuniuse con membros da Agrupación Miño e da Federación Limiar para informar a ambas entidades, que agrupan ás asociacións veciñais da cidade, acerca das obras executadas e licitadas.