Apostan por reducir a presenza de vehículos no centro da cidade e maior vixilancia da Policía Local.
A Federación Limiar vén de facer públicas as propostas que presentarán na Mesa da Mobilidade, que terá lugar o próximo 29 de xaneiro.
Entre elas, propoñen un estudo para restrinxir a circulación de vehículos a favor dos peóns; estacionamentos gratuítos nos arredores da cidade; e maior presenza da Policía Local na rúa. E para iso consideran que se debe establecer unha partida orzamentaria para poder executalas.
Ademais, manifestan o seu apoio ás propostas de Stop Accidentes.