Presentaron un escrito no Seprona para denunciar o caso.
Rosa Alonso, a propietaria da vivenda de Reza derrubada en xuño pasado para cumplir unha sentenza xudicial, denuncia que os materiais de entullo da casa foron parar a un vertedoiro incontrolado situado en Parada de Piñor (Barbadás), onde seguen a data de hoxe.
En repetidas ocasións a través do seu avogado solicitou información no Concello de Ourense sobre os vertedoiros autorizados ao contratista da demolición para depositar o material así como comprobantes da entrega dos residuos a un xestor autorizado para o seu tratamento. En todos os casos, o Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística respostoulles “con vaguedades” á súa intención de recuperar elementos reutilizables do inmoble que –salientan- eran da súa propiedade, como pedra ou os paneis da cuberta.
Os propietarios tiveron coñecemento dunha denuncia da Sociedade Galega de Historia Natural, que data de xullo do ano pasado, por un vertedoiro de entullos de construción en Parada de Piñor (Barbadás). Segundo o informe do Seprona os residuos procedían da demolición da súa casa.
Tras visitar o lugar, constataron que os entullos seguen alí, malia que unha resolución da Consellería do Medio Ambiente asegurase que se repuxera o terreo ao seu estado orixinal. “Los han intentado ocultar compactándolos con sábrego, y los restos de la demolición de nuestra casa (grandes bloques de hormigón con sus armaduras de acero, grandes bloques de ladrillos cara vista, tuberías de suelo radiante, cables de la instalación eléctrica, etc.) no son muy difíciles de distinguir”.
Rosa Alonso recorda que o Concello de Ourense cobroulles “por la vía de apremio y anticipadamente el importe de la demolición, incluyendo una gestión de residuos que no se realizó”.
Por estes motivos, dá conta dos feitos nun escrito presentado ante o Seprona da Garda Civil o 27 de xaneiro, solicitando que se poñan en coñecemento da autoridade competente a fin de depurar as responsabilidades “de este consumado delito”.