A Federación recoñece o valor das propostas expostas pero pide que se poñan en práctica canto antes.

 

A Federación Limiar recoñe o paso dado coa celebración da Mesa da Mobilidade o pasado 29 de xaneiro, e eloxia as “importantes propostas expostas” para a pacificación do tráfico na cidade.

Dende a Federación defenderon “os dereitos do peón, recuperar as rúas como lugar de convivencia, favorecer o encontro social e facer un reparto máis equitativo do espazo público entre os distintos usuarios”.

E agardan “que se tome nota de todos os puntos tratados, e que nun espazo de tempo máis ben corto, vexamos que se puxeron en práctica naquelas rúas máis conflitivas”. “Tamén esperamos máis presenza policial nas rúas, corrixindo todas as infraccións de tráfico, tanto a vehículos como a peóns. Queremos unha policía que se faga operativa”, conclúen.