O vindeiro sábado 23 de setembro, ás 10:00 horas no Auditorio Municipal de Verín.

Xornada técnica “A importancia da castaña na montaña ourensá”

Este sábado 23 de setembro, ás 10:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a Xornada técnica: «A importancia da castaña na montaña ourensá».

No encontro, diversos relatores especializados no sector que procurarán resolver dúbidas acerca das problemáticas que están afectando a moitos dos habitantes da comarca de Monterrei, xa que a castaña é un dos froitos da contorna nos que se basea a economía de moitas das familias desta área rural.

A xornada está organizada polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, o Concello de Verín, Unións Agrarias, IXP da Castaña de Galicia, a Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER) e o Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, en colaboración cos Concellos de Monterrei, Riós, Castrelo do Val, A Gudiña, A Mezquita, Cualedro, Oímbra, Vilariño de Conso, Laza e Vilardevós.

As entradas, gratuítas ata completar aforo, poden recollerse nas entidades organizadoras e nos Concellos colaboradores.

PROGRAMA
10h Recepción dos/as participantes
10.15h Apertura da xornada – Presentación
10.30h Ponencia científica: “Pragas e enfermidades da castaña”
11.10h “Medidas de apoio ao sector dende a administración”
11.40h Pausa – Café
12h “Medidas de apoio ao sector presentes na zona – Centro de Desenvolvemento Agroforestal do Riós”.
12.15h Mesa redonda: “Problemáticas do sector, oportunidades e posibles solucións”
13.30h Clausura – Despedida.