Con máis de 21.000 visitantes dende marzo de 2017, naceu coa vontade de divulgar a identidade comarcal de Monterrei.

Descubrimos o Museo do claustro mercedario

Grazas a un acordo cos Irmáns da orden da Merced para revitalizar ó claustro que estaba pechado ó publico e non tiña actividade pese a estar no centro da vila, conseguiuse darlle un pulo ao casco histórico e serviu de dinamizador cultural da vila de Verín.
Falamos do Museo do Claustro Mercedario, inaugurado no mes de marzo de 2017 coa exposición monográfica “Dionisos, 2.000 anos de viño en Monterrei” como non, adicada ó viño. A DO de Monterrei pese a ser a máis xoven administrativamente de Galicia é a que ten pegadas históricas máis antigas. A estrela de esa exposición foi o busto de Dionisos, o deus grego do viño, atopado nunha explotación vitivinícola da zona e datada sobre o século I ou II. Reproduciuse a escala 1/1 cunha impresora 3D e, ademais, deuselle o aspecto que tería se non levara 2.000 anos enterrada. A partires desta peza organizaron ó seu redor unha antropoloxía do viño no val de Monterrei con preto de 100 pezas.
Esta exposición tivo unha acollida enorme con 6500 visitas. Isto xa deu idea de que a zona demandaba un museo ou centro cultural que acollese nada en concreto senón as súas señas de identidade. Esta dedicado a calqueira elemento que sirva de difusión das señas de identidade do Val de Monterrei, a terra do Támega.

Novas exposicións
Xa a finais do 2017 e principios do 2018, prepararon tres novas exposicións, que xunto coa primeira que o inaugurou, continúan hoxe en día.
Unha delas e “Monterrei, berce do licor café”, que explica os motivos de por qué o licor café esta tan presente en Monterrei, fruto da abundancia de café e augardente a finais do século XIX, principios do XX. Tamén se desgrana a historia do contrabando de café na fronteira e a importancia da apertura das liñas de ferrocarril. Descubre toda a economía que movía este estraperlo na comarca, nunha época de postguerra na que no resto de España había moitas necesidades.
Noutra ala do museo está a exposición de “Identificadores aromáticos dos viños da DO Monterrei”, que é un tunel do viño cuns tubiños que contén os aromas dos distintos viños da comarca e un panel explicativo de como se cata o viño e descubres os distintos aromas.
A última exposición é “Tartessos, primeiros contactos” dedicada a patrimonio con reproduccións de aras romanas e coa peza principal, “a estela do guerreiro” ou “pedra alta de Castrelo do Val”, atopada no ano 2011 e que non se explicou adecuadamente. A peza orixinal está nun Museo en Madrid e aquí fixeron unha reproducción a escala 1/1 e contan a súa orixe. Trátase dun escudo de armas dun guerreiro do ano 1000 A.C., do Bronce final, e é moi importante porque os achadegos dos Tartessos, preto de 90, están só están na zona de Cádiz, menos un, este que apareceu en Castrelo do Val, o que indica que había un contacto comercial xa naqueles tempos entre o norte e o sur a través de varias vías.

Actividades
Xa fóra de exposicións inauguraron co arqueólogo Antonio Rodriguez Colmenero unha instalación na entrada coa interpretación do “Padrón dos pobos” de Chaves e onde aparece por primeira vez a palabra “Tamagani”, que ten como raíz “auga escura” ou “auga profunda” e que está compartido en moitas linguas europeas.
A UNED tamén se interesou por esta iniciativa e xa leva tres cursos realizados de dez que realizará ao longo deste curso académico. O último curso foi o “De Monterrei ao mundo” , un curso especializado en cata e enoloxía.
Paralelamente desenrolan outras actividades, como a “Semana Micolóxica” que durou 15 días cunha exposicición que tivo bastante repercusión, con 1000 visitantes nun día. Para ser o primeiro ano consideran que foi un éxito.
Actualmente negocian coa orde da Merced para cooperar no conxunto do claustro para os próximos anos. Necesitará unha reforma o novo espazo adquirido pero permitirá ampliar as actividades e as exposicións. As 21.000 visitas que levan neste curto espazo de tempo máis agora que xa comezan a xestionar visitas de grupo que ven desde Madrid, Benavente ou Sanabria auguran un futuro prometedor ao Museo do Claustro Mercedario.