Entrevista aos organizadores de «The Rain Experience»
O evento terá lugar en Celanova o xoves 24 de xullo e conxugará deporte, música e moita diversión. Patinaxe, festa da escuma e a música dun Dj serán as propostas da xornada.
Hai un ano entrevistababamos a Samuel Villar, Adrián Fernández e Aroa Gómez, artífices da marca de moda Rain Project. Uns rapaces ourensáns, a cabalo entre Celanova e a capital, que se atreveron, na súa curta idade pelexar por un soño: o de colarse no mundo da moda.
Un ano e un mes despois, vólvennos recibir -falta Aroa que por motivos persoais non puido acudir pero que os seus compañeiros non se esqueceron dela en ningún momento-, coa mesma ilusión que o ano pasado e cunha novidade: este mes de xullo organizan a primeira Rain Expierence, un evento que conxuga deporte, música e moita diversión para consolidar a marca e darse a coñecer aos que aínda non saben dela.
Organizades a festa “The Rain Expierence” para promocionar a vosa marca Rain Project, cando se celebra é que ides organizar?
Rain Project (R.P.): «A festa terá lugar o xoves, 24 de xullo, e comezará sobre as seis da tarde. Nese momento acompañaranos, na Alameda de Celanova, o Club Unity Bladin que é un club de patinaxe de Ourense que fará un espectáculo; ademais, ensinarán a patinar a todo aquel que estea interesado en aprender. Iso será ata as dez da noite, hora na que nos trasladaremos ata a praza Rubí onde nos refrescaremos coa Festa da Escuma; alí estaremos ata antes da medianoite, por que a esa hora iremos ata a praza Maior, lugar que acollerá o terceiro dos eventos programados. A esa hora realizaremos o «show» final coa actuación dun Dj de Celanova -marca da casa- como é Dj ImCodee».
Para este primer gran espectáculo que organizades, agardades contar con moita xente?
R.P.: «Ao final somos de Celanova e nos coñecemos todos, así que canta máis xente acuda mellor. Moita xente xa nos confirmou a súa presenza polo que contamos con eles e esperamos que se una máis xente para gozar desta primeira festa que organizamos. Ademais, para incentivar a participación e que xente se achegue, faremos sorteos entre os asistentes polo apoio que nos dan ao acudir. Tamén poñeremos un punto de venda de camisetas».
Como xurdiu a idea de preparar este evento?
R.P.: «Esta iniciativa xurdiu porque confiamos moito no noso traballo, sobre todo ese que non sae diante das cámaras, dos dispositivos móbiles, e atrevémonos a crear The Rain Experience para demostrarlle ao panorama que Rain é unha desas marcas que se merecen estar no alto do mundo da moda e do vestir. Queremos que á xente lle guste e poida achegarse un pouco mais ao que é Rain Project.
>>En canto a datas, a idea comezou a coller forma fai algo máis seis meses xa, e pensamos que para avanzar neste mundo da moda debemos facer cousas que fan outras marcas; para ser unha grande marca dicidímonos a dar un paso máis e facer o noso primeiro evento presencial. Estas iniciativas que propoñemos pensamos que son cousas que lles gustan a todo o mundo, e pouco a pouco a idea foi crecendo ata que iste 24 de xullo será unha realidade».
Ante un evento coma este supoño que os nervos dos días previos están aí.
R.P.: «Pois si. Ao final é o primeiro evento no que temos á xente cara a cara e temos ganas de saber como se da, como reacciona a xente. Estámoslle a dar moita publicidade e esperamos que todo o traballo que ten detrás merezca a pena; alomenos nós estamos intentando, co noso esforzo, que así sexa».
Será o primeiro de máis eventos?
R.P.: «Ese é o motivo, esto nace para, ir escalando pouco a pouco, chgar a algo más grande».
Rain Projec nace da idea duns rapaces que contaban por aquel entón con 14 anos, pero que a idade non freou a súa ilusión de ser recoñecidos no mundo da moda. Pouco a pouco foron avanzando e realizaron unha campaña para chegar a xente recoñecida a nivel mundial como, por exemplo, o futbolista Borja Iglesias, ou outros artistas como o rapero Trueno. Agora organizan este evento na súa terra, en Celanova, que coas redes sociais seguro que será visualizado en todos os rincóns do planeta.
A marca nace despois da corentena sufrida pola pandemia da Covid19, pero foi a finais de 2022 cando deciden darlle outro impulso, outra dimensión e centrarse máis nela. Coñecer o mundo de Rain é moi sinxelo. Calquera persoa pode acceder ás súas redes sociais, tanto en Instagram (@raiinproject) e TikTok (@rain.project) ou buscando a web en calquera buscador (rainproject.bigcartel.com).