Rematan as obras da senda peonil de Castrelo de Miño

Cun investimento autonómico de máis de 20.000 euros.

O delegado da Xunta, Manuel Pardo, desprazouse ao concello de Castrelo de Miño para, acompañado do seu alcalde, Avelino Pazos, para supervisar  os traballos de conservación que a Xunta acometeu na senda peonil na estrada OU-404 no núcleo de Barral, que contou cun investimento autonómico de máis de 20.000 euros.

O delegado explicou que os traballos, que desenvolvéronse entre os puntos quilométricos 31+490 e 31+780, consistiron na construción dunha gabia en formigón lixeiramente armada sobre unha superficie de 120 metros lineais e de ancho variable. Deste xeito, para levala a cabo realizouse un corte lonxitudinal ao longo da zona de actuación para posteriormente proceder á escavación do sobreancho preciso para a execución da senda en formigón proxectada, e fixemos unha reparación puntual do muro de contención da estrada e colocamos un treito de 18 metros de tubería para a recollida de augas pluviais da estrada.

Durante a visita, Manuel Pardo lembrou que nesta senda levouse a cabo outra actuación no ano 2025 grazas a unha achega da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de máis de preto de 50.000 euros, que consistiu no acondicionamento como senda cuneta do espazo dispoñible na marxe da estrada, entre os puntos quilométricos 31+490 e 31+780, co fin de mellorar a mobilidade peonil entre do núcleo de Barral e a intersección coa estrada OU-402. Nesta liña, concretou que a senda cuneta conectou as beirarrúas existentes na intersección coa beirarrúa existente próxima á igrexa de Nosa Señora dás Neves de Barral.

Nesta liña, indicou que esta intervención salvouse a entrada ao santuario continuando sen interrupción ata o final da vía. No caso das frontes de casas e accesos a leiras, a inclinación dos noiros modificouse para permitir que os vehículos accedan ás propiedades con comodidade. Así mesmo, aproveitouse esta actuación para dispor de arquetas-sumidoiros e un novo colector de pluviais.

Plan de Sendas da Xunta
Manuel Pardo destacou que estas actuacións enmárcanse no Plan de Sendas da Xunta, co que a Administración autonómica leva planificados e executados xa 300 km de itinerarios peonís e ciclistas no marco do seu compromiso coa mobilidade sostible e segura, co fin de que as persoas poidan desprazarse polas estradas de forma segura e saudable.

Deste xeito, o delegado salientou que a Administración autonómica está a ampliar esta rede de sendas nos concellos co máximo respecto á contorna, coidando a integración paisaxística, e lembrou que os Orzamentos da Xunta para 2026 contemplan 263 M€ para seguir avanzando en infraestruturas, coa posta en marcha de novas sendas, a aposta pola conservación nos viarios autonómicos cun investimento récord de 71,6 M€ e sumando novos quilómetros nas estradas de altas prestacións.