A eclipse, desde o Botánico

O Concello organiza unha observación o 12 de agosto.

A eclipse solar do 12 de agosto poderase observar desde o Parque Botánico de Ourense (Montealegre). O Concello organiza, en colaboración coa Asociación Astronómica de Ourenseunha actividade que dará comezo ás 19.30 horas do mércores, 12 de agosto.

O Concello porá á disposición dos participantes lentes homologadas para a observación da eclipse, xunto co material achegado pola Asociación Astronómica, que asistirá e facilitará a observación telescópica así como a realización de fotografías para os asistentes.

Levarase a cabo no Parque Botánico de Ourense (Montealegre) unha actividade en colaboración coa Asociación Astronómica de Ourense para observar a eclipse solar. O Concello porá á disposición dos participantes lentes homologadas para a observación da eclipse, xunto co material achegado pola Asociación Astronómica, que asistirá e facilitará a observación telescópica así como a realización de fotografías para os asistentes.

Inscricións
A actividade contará cun número máximo de 60 persoas participantes por rigorosa orde de inscrición, as cales se realizarán a través do formulario: https://actividades.ourense.gal.
A iniciativa está dirixida a persoas maiores de 6 anos tendo que ir acompañados os menores de idade cun adulto responsable en todo momento.

A inscrición dos menores realizarase sempre a nome do seu pai, nai o titor legal; cada adulto poderá inscribir un máximo de 3 menores ao seu cargo. Queda baixo a total responsabilidade dos titores que os menores utilicen correctamente as lentes homologadas.