As de titularidade autonómica.
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, achegouse a rúa Sáenz Díez na cidade de Ourense para, acompañado de técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, supervisar o estado das obras do asfaltado nesta rúa, enmarcadas no proxecto da Consellería Vivenda e Planificación de Infraestruturas para a mellora de 13 travesías urbanas de titularidade autonómica, nas que se inviste máis de 2,8 millóns de euros.
O delegado da Xunta explicou que as actuacións que se están a levar a cabo nesta rúa con respecto ó firme consistiron nun fresado puntual e a súa reposición nas zonas máis deterioradas, para logo estender unha nova capa de rodadura cunha mestura bituminosa en quente en toda a rúa. Tamén engadiu, que posteriormente executarase as labores de pintado da sinalización horizontal.
Manuel Pardo precisou que o desenvolvemento das obras requirirán itinerarios de tráfico alternativos para minimizar as molestias á cidadanía, polo que emprazará a sinalización adecuada dos desvíos, xa consensuados coa Policía local de Ourense.
Durante a visita, o representante autonómico resaltou que se tratan de actuacións encamiñadas a aumentar a seguridade e comodidade tanto dos peóns como dos condutores. Para iso, mellorarase a accesibilidade dos cruces e pasos de peóns con plaquetas podotáctiles, rebaixes onde sexa necesario ou a ampliación de beirarrúa para refuxio de pasos de peóns.
Para concluír, lembrou que dentro deste plan de mellora de infraestruturas da Xunta, están incluídas as rúas Río Arnoia, Progreso, Emilia Pardo Bazán, parte da rúa Velázquez, Bispo Lourenzo, Coruña, Peña Trevinca (na parte de titulariade autonómica), Seminario, Sáenz Díez, avenida Bos Aires, Isaac Piñeiro Varela e Pena do Vado, avenida de Ponferrada e Avenida de Zamora.






