O domingo 24 de outubro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle o espectáculo de ilusionismo para todos os públicos “O Camiño do Afilador”, que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros.
A actuación musical “Piperegrinos”, programada para o vindeiro domingo 31 de outubro ás 12 horas na Praza Maior, trasladarase ao Auditorio Municipal de Verín debido ás malas previsións meteorolóxicas, que anuncian choiva.