Conferencia: «Energía vital y el sentido de la vida»

Liceo de Ourense Rúa Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, España

El miércoles 9 de noviembre el Salón Noble del Liceo de Ourense acoge la conferencia "Energía vital y el sentido de la vida" a cargo de Abel Toral, que versará sobre la práctica taoista para la buena salud y la longevidad. Será a las 20:15 horas.

Cine: «Lobos sucios»

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

A Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá o segundo ciclo da programación de Outono de Cinemas de Galicia. Comezará o mércores día 9, ás 20:30 horas, coa proxección do thriller (enfocado a maiores de 12 anos) “Lobos Sucios”, unha historia de amor e espionaxe inspirada en feitos históricos e personaxes reais: “No medio […]

3€

Cine: «La chica del tren» e «Trolls»

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

Durante os días 11 e 12 e 13  de novembro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas "Trolls" e "La chica del tren" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: os tres días ás 19:30 e 22 horas, "La chica del tren"; e o sábado 12 e […]

Contacontos: “Magosto na Biblioteca”

Biblioteca Pública de Verín Av. de Portugal, 11, Verín, Ourense, España

O vindeiro venres 11 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Magosto’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas […]

Conferencia: «A romanización do val de Támega ao redor da VÍA XIV: urbanización”

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

OFestival Internacional de Curtametraxes de Verín -VÍA XIV- iniciou a súa  axenda de eventos cun completo ciclo de conferencias culturais e audiovisuais, que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín durante os días 8, 15, 23 e 30 de novembro, enfocado a realizar un primeiro acercamento ás temáticas oficiais do […]

Cine: «Corazón xigante»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

O Cineclube Padre Feijoo comeza un ciclo dedicado ao cine feito en Islandia. Este mércores proxectan, en sesións ás 18, 20:30 e 23 horas, "Corazón xigante" de Dagur Kári. Aos seus 43 anos, Fúsi é un inadaptado, con sobrepeso, que nunca tivo moza e cuxo único interese son as batallas da Segunda Guerra Mundial, que […]

4€ – 5€

Cine: «O Raio»

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

A Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá o segundo ciclo da programación de Outono de Cinemas de Galicia. O mércores 16 de novembro ás 20:30 h proxectarase "O Raio", película autorizada para todos os públicos. Esta road movie hispano portuguesa obtivo o premio a Mellor Director (Abycine, 2014), Premio Especial do Xurado (Festival […]

3€

Exposición: «Manuel Mª, beleza, amor e compromiso»

Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

O vindeiro día 17, xoves, ás 19:00 horas, o Ateneo de Ourense inaugura a exposición  "Manuel Mª, beleza, amor e compromiso. 1929-2004". Esta exposición enmárcase na programación de actividades conmemorativas das Letras Galegas 2016 posta en marcha desde a Xunta de Galicia, por iniciativa conxunta da Consellería de Cultura –a través das secretaría xerais de […]

Exposición OF: «City portraits» de Víctor Enrich

Museo Municipal de Ourense Rúa Lepanto, nº 8, Ourense, Ourense, España

Este ensaio chega ao Outono Fotográfico da man do festival Encontros da Imagem (Braga, Portugal) co que o festival galego ten desde hai anos unha parcería e un camiño común feito a base de colaboracións de distinta índole. Un dos intercambios establecidos entre os dous festivais, é cedérense entre eles o Premio de cada ano. […]

Exposición OF: «Memory lab of happiness»

Museo Municipal de Ourense Rúa Lepanto, nº 8, Ourense, Ourense, España

Outono Fotográfico na súa Sección Oficial, como xa é costume, alén de procurar artistas que traballen co tema de cada edición, tamén pon en valor propostas curatoriais convidando a curadoras/es especializadas en fotografía contemporánea e con ampla e recoñecida traxectoria avalada por outros festivais internacionais ou espazos expositivos especializados na fotografía. Neste caso, Ângela Ferreira, […]