Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine: «Última parada 174»

13 julio, 2016 @ 10:30 pm

No ciclo Marxes Fílmicas-Brasil, proxéctase «Última parada 174», de Bruno Barreto, en versión orixinal subtitulada ao español.

Obra de ficción que fai unha relectura do documental «Ônibus 174» realizado por José Padilha. Baséase na historia real do supervivinte Sandro
Barbosa do Nascimento, dunha matanza de oito nenos da rúa de Río de Janeiro, perpetrada pola policía nunha igrexa de Río de Janeiro, en
xullo de 1993, coñecida como a Chacina da Candelária (Masacre da Candelária). Algúns anos despois, o mozo secuestrou o omnibus 174
durante cinco horas, retendo a varias pasaxeiros como reféns.

Os personaxes centrais do filme «Última parada 174» son Mariza e Sandro. Marisa ten un bebé recén nacido que é secuestrado por un
traficante de favela onde vive. Noutra parte da cidade, Sandro, aos 10 anos de idade, o fillo único dunha nai traballadora, é testemuña do
asasinato da súa nai por un par de asaltantes. Non é un filme sobre violencia, senón sobre as emocións humanas innatas como o amor, o odio e
os celos que se desenvolven en todos os ambientes.

Entrada de balde.

Detalles

Fecha:
13 julio, 2016
Hora:
10:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Museo Etnolóxico de Ribadavia
rúa de Santiago, 10
Ribadavia, Ourense España