Cunha ampla programación do 5 ao 9 de setembro.
O Concello de Ribadavia presenta a programación das Festas do Portal 2026, as festas patronais da vila, que se celebrarán do 5 ao 9 de setembro cunha ampla variedade de actividades culturais, musicais, tradicionais e relixiosas.
Como antesala á programación festiva, o venres 4 de setembro, ás 22.30 horas, terá lugar a Proxección Cine Rondallas no Parque da Veronza.
A concelleira de Cultura, Yolanda Gómez, destaca que “as Festas do Portal son unha das celebracións máis especiais do calendario de Ribadavia, uns días para compartir a vila, manter vivas as nosas tradicións e gozar dunha programación pensada para públicos diversos”. A edil convida “á veciñanza e a todas as persoas que nos visiten a participar das festas e a vivir Ribadavia nas súas rúas e prazas”.
Sábado, 5 de setembro
A programación comezará ás 10.00 horas coa X Quedada de Motos Clásicas O Ribeiro, na Praza Maior.
Entre as 11.00 e as 12.30 horas desenvolverase o obradoiro interxeracional «Coas mans no pasado: a cerámica e os tecidos», no patio interior do Museo Etnolóxico de Ribadavia, dentro da programación do Festival Arteficial.
De 12.00 a 20.00 horas celebrarase o Mercado das Sementes, con variadas propostas artesanais e artísticas.
Ás 12.30 horas, os xigantes, cabezudos e cabezudiños, acompañados polas Gaitas Airiños da Arnoia, percorrerán o itinerario desde a igrexa de San Antón ata a Praza da Madalena.
A programación de Arteficial continuará entre as 13.00 e as 13.30 horas con DJ Grima, no interior da igrexa da Madalena, e entre as 13.30 e as 14.25 horas con Peitoescuro, no escenario interior da igrexa da Madalena.
De 14.30 a 15.30 horas actuarán BalConde Djs no escenario BalConde; de 15.30 a 16.30 horas será a quenda de AO, no escenario exterior da Praza Buxán, e de 16.30 a 17.30 horas regresarán BalConde Djs ao escenario BalConde.
Entre as 17.00 e as 18.30 horas terá lugar unha nova actividade interxeracional «Coas mans no pasado: a cerámica e os tecidos», no patio interior do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
De 17.30 a 18.25 horas actuará La Rate Timide, no exterior da Praza Buxán; de 18.30 a 19.30 horas, DJ Ferromona, en BalConde; de 19.30 a 20.20 horas, Basic Partner, no exterior da Praza Buxán; e de 20.20 a 21.30 horas, novamente DJ Ferromona, no escenario BalConde.
De 21.30 a 22.30 horas actuará Scúru Fitchadú no exterior da Praza Buxán.
Ás 22.30 horas comezará a actuación da Orquestra Los Españoles, na Rúa Redondela.
A programación de Arteficial proseguirá de 23.00 a 00.00 horas con DJ Sapoconcho Sen Poncho; de 00.00 a 01.30 horas con Sanlamuerte Cumbia Club, na Madalena; e de 01.30 a 02.30 horas, novamente con DJ Sapoconcho Sen Poncho, tamén na Madalena.
Domingo, 6 de setembro
O domingo comezará ás 11.00 horas coa actuación de Bardo Abelardo, na Praza de San Xoán.
Ás 12.30 horas, os xigantes, cabezudos e cabezudiños, acompañados polos Gaiteiros de Castrodeallo, realizarán un percorrido desde a Praza Maior ata o Asilo Nosa Señora dos Anxos.
Ás 13.00 horas será a quenda de DJ TIBU, na Praza Maior.
Xa pola tarde, ás 19.00 horas, celebrarase o Festival de Bandas, coa participación de A Lira de Ribadavia e A Lira de Luarca, no Auditorio Rubén García do Castelo.
Ás 20.30 horas, Tabaleiros da Istoria protagonizará un pasarrúas pola Rúa Progreso.
Luns, 7 de setembro
Ás 19.00 horas terá lugar a confección da Alfombra Floral polas Mulleres Rurais de Ribadavia, en ofrenda a Carballeda de Avia, na Rúa Progreso, diante do Castelo.





