Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Os Amigos dos Músicos

23 diciembre, 2016 @ 8:00 pm - 9:30 pm

10€

O espazo cultural TODOMEDRE e o Café & Pop Torgal presentan un novo ciclo de concertos centrado na renovación da música popular en galego, no que participarán algunhas das bandas e proxectos máis interesantes do país.

Nos últimos anos está sendo continua en Galicia a aparición de propostas musicais diversas, que abranguen un espectro moi amplo no eido das músicas populares, e que empregan o galego nas súas composicións. Este é un movemento vivo, que está a suceder agora e que merece ser difundido e apoiado.
Isto é o que pretende TODOMEDRE: convidar a vivir este momento ao vivo, a escoitar e gozar destas novas creacións, a sentir e facer música en galego, e a que todo medre.

A primeira actuación deste ciclo é o concerto de Os Amigos dos Músicos o 23 de decembro no Auditorio Municipal de Ourense.

Os Amigos dos Músicos presentan o seu primeiro disco: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado, no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte.

A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda.

As entradas están á venda en Ticketea.

Detalles

Fecha:
23 diciembre, 2016
Hora:
8:00 pm - 9:30 pm
Precio:
10€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Auditorio Municipal de Ourense
Rúa da Canle, nº 2
Ourense, Ourense 32001 España
Teléfono:
988 391 290
Ver la web Local