Conferencia «O Romanticismo na pintura»

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

Durante os días 25 e 26 de maio – de 19:30 a 20:30 horas- Nuria Alvarez Font impartirá, durante dúas xornadas consecutivas, a conferencia "O Romanticismo na Pintura" na Casa da Cultura de Verín. Nuria Álvarez Font -que se formou en Historia da arte na Universidade de Barcelona e está centrada na investigación artísticas- achegará […]

Cine: «Bernie»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Richard Linklater (2011). En Carthage, un pobo de Texas, Bernie Tiede (Jack Black), un enterrador moi querido por toda a xente do pobo, faise amigo dunha rica e malvada viúva (Shirley McLaine). Sesións ás 18, 20:30 e 23 h, con entrada a 4 euros para socios do Cineclube Padre Feijoo.

4€

Coloquio “Crise humanitaria: ás portas de Europa”

Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

Este mércores 25 de maio, ás 19:30 horas, no Ateneo de Ourense, haberá un coloquio "Crise humanitaria: ás portas de Europa", no que intervirán Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE xunto con Sofía Díaz, responsable de políticas sociais de EU. No acto proxectarase o documental "Las muertes de Ceuta".

Concerto do Conservatorio Profesional de Música de Ourense

Praza de San Martiño Praza de San Martiño, Ourense , Ourense, España

Este xoves 26 de maio o Conservatorio profesional de Música de Ourense, ten previsto realizar (sempre que a climatoloxía o permita), un concerto na Praza San Martiño ás 19h. Actuarán a Banda infantil e a Banda de Grao profesional con interpretación de obras de diversos estilos e autores.

Conferencia: “Notas geológicas de la Depresión de Ourense”

Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

Este jueves 26 de mayo a las 20:15 horas, conferencia “Notas geológicas de la Depresión de Ourense” a cargo del profesor José Ramón Seara Valero, en el Ateneo de Ourense. En ella tratará algunos aspectos de la geología de la ciudad de Ourense y sus alrededores: sus distintos tipos de rocas, su geomorfología, la importancia […]

Espectáculo de maxia e mentalismo con Jose Rivera

Café Jam Session Rúa Ramón Cabanillas, 18. , Ourense, Ourense, España

O mago Jose Rivera presenta este venres 27 de maio o seu novo espectáculo de maxia e mentalismo. A cita é no Café Jam Session a partir das 23:30 horas, con entrada a tres euros.

Cine: «Che Strano Chiamarsi Federico!»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Ettore Scola  (2013). Documental que rende homenaxe ao director italiano Federico Fellini para conmemorar o vixésimo aniversario da súa morte. Combina imaxes de arquivo e escenas rodadas en Cinecittà. Ettore Scola evoca o seu encontro con el na revista satírica «Marc’Aurelio» nos anos cincuenta, lembra os amigos comúns (entre eles Marcello Mastroianni) e, […]

2€

Carreira popular A Valenzá

A Valenzá

O Día 28 de maio A Valenzá celebra a súa primeira carreira popular. LUGAR:  A Valenzá (Barbadás) DATA: 28 de Maio de 2016 HORA: 17:30 (Menores) 18:45 (Absoluto) ORGANIZA: C.A. Maraton Barbadás DISTANCIA: 7,5Km LIMITE: 24 de Maio PREZO: 4€ ata o 8 de maio  (absoluto) - Menores Gratuito

9º Festival benéfico «Camiño á fama»

Colexio Salesianos Praza Don Bosco, 1 , Ourense, Ourense, España

O sábado, 28 de maio, no teatro de Salesianos, terá lugar o 9º Festival benéfico “Camiño á Fama”, organizado pola Comisión Música da Asociación Xuvenil Amencer. No festival, que transcorrirá entre as 18.00h e as 20.00h da tarde, contaremos coa presenza de diversos grupos de danza e intérpretes afeizoados da cidade de Ourense. Entre eles […]

Proxección do documental «Patrimonio Habitado»

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense, España

Este sábado 28 de maio, ás 19:30 h, no Museo da Limia de Vilar de Santos, proxección do documental "Patrimonio Habitado". O citado proxecto audiovisual mergúllase nun percorrido polo patrimonio inmaterial da Baixa Limia con especial atención aos elementos aínda vivos do patrimonio colectivo desa comarca ourensá. Nel participan veciños dos concellos de Entrimo, Lobios, […]