Encontro Coral Solidario “Ourense Canta”

Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, España

O día 1 de xuño, mércores, ás 20.30 horas a Sala Principal do Auditorio Municipal de Ourense acolle o bo facer de catro grandes agrupacións corais de Ourense: Coro Universitario do Campus de Ourense, a Capela Madrigalista, a Coral do Liceo e a Coral de Ruada, nunha actuación organizada pola Área de Cultura da Vicerreitoría […]

5€

Presentación do libro: «A Edreira»

Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

Este xoves 2 de xuño no Ateneo de Ourense, a partir das 20 horas, presentación do libro de José Domínguez sobre a guerrilla antifranquista no Macizo Central de Ourense nos 1948 e 1949: "A Edreira. El último bastión de la resistencia en Ourense(18 en el balneario)" O acto está organizado por Amigos da República e contará […]

Concerto fin de curso

Consevatorio de Música de Ourense Avenida Pablo Iglesias, s/n, Ourense, Ourense, España

A orquestra e a banda do grao profesional do Conservatorio de Música de Ourense dan un concerto de fin de curso. Será no auditorio do centro, este xoves 2 de xuño, a partir das 20 horas, con entrada de balde.

Enclave de Cámara: Cuarteto Lyskamm

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

Este xoves, 2 de xuño, ás 20:30h, remata a tempada 2015 / 2016 do ciclo Enclave de Cámara no Teatro Principal de Ourense. Tralo éxito acadado polo concerto do recital de piano do británico Paul Lewis pecha a tempada o Cuarteto Lyskamm, tocando obras de Boccherini, Mozart e Schubert. O cuarteto Lyskamm foi creado no […]

Cine: «Capitán América: Civil War»

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

Durante os días 3 e 4 e 5  de xuño , o cinema de Verín acolle a proxección da película Capitán América: Civil War no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: o venres 3, ás 19:00 e  22:15 h., o sábado 4, ás 16:00, 19:15 e 22:30 h., e o domingo […]

III Carreira Vía Nova – Concello de Bande

Bande - Ourense

O sábado 4 de xuño o Concello de Bande organiza a III Carreira Vía Nova - Concello de Bande. Horarios: 19:00 h Carreiras pitufos (prebenxamin) - 100m 19:15 h Carreiras benxamíns - 400m 19:30 h Carreiras alevín, infantil e cadete - 1 e 2km 20:00 h Carreira absoluta. Lugar: Praza da Constitución. Distancia: desde 100m […]

Concerto: Lulavai

Igrexa da Mercé Praza da Mercé, Verín, Ourense, España

O vindeiro sábado 4 de xuño, ás 20:30 horas, a Igrexa da Mercé acolle o concerto “Lémbrame un soño” do cuarteto feminino Lulavai, organizado polo Concello de Verín coa colaboración da Comunidade Mercedaria de Verín e AGADIC-Consellería de Cultura, Educación  e Ordenación Universistaria. "Lémbrame un soño" é o título do segundo traballo discográfico do cuarteto […]

Cine: «O futebol»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Sergio Oksman (2015). «O Futebol» leva a cabo un complicado equilibrio entre a realidade e a ficción a partires do verdadeiro encontro entre o director e o seu pai. O guión de Sergio Oksman e Carlos Muguiro está escrito como pura ficción: a viaxe (moitas escenas ródanse desde un coche) interior e futbolístico […]

2€

Cine: «La loi du marché»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Stéphane Brizé (2015). Despois de 20 meses no paro, Thierry, un home de 51 anos, atopa un novo traballo, pero pronto terá que enfrontarse a un dilema moral: pode aceptar calquera cousa con tal de conservar o seu traballo? Sesións ás 18, 20:30 e 23 h, con entrada a 4 euros para socios […]

4€

Concerto: Escola de Música Municipal

Casa da Cultura de Allariz Castelo s/n, Allariz, Ourense, España

A Escola de Música Municipal de Allariz organiza o seu concerto de fin de curso o próximo venres 10 de xuño, na Casa da Cultura da vila alaricana. A primeira parte do concerto comezará ás 20 horas e a segunda ás 20:45h.