Xornadas de Folclore

As XXXIII Xornadas de Folclore desenvólvense entre o 8 a 17 de agosto en 16 localidades ourensás: Ourense, A Rúa, Allariz, Bande, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, O Barco, O Carballiño, Ribadavia, Trives, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia. Nesta edición participan seis grupos chegados dende Sudáfrica, Bolivia, Colombia, Rusia, Arxentina e Serbia que amosarán […]

Espectáculo infantil: «Peter Punk, peor imposible»

Parque Ansuíña Parque Ansuíña, Baños de Molgas, Ourense, España

O mércores 10 de agosto, a partir das 20 horas, no parque Ansuíña de Baños de Molgas, terá lugar o espectáculo infantil "Peter Punk, peor imposible".

Concerto de órgano

Mosteiro de San Rosendo Praza Maior, Celanova, Ourense, España

O claustro do Mosteiro de San Rosendo de Celanova acolle este xoves un concerto de órgano a cargo de Marisol Mendive; trátase dun concerto didáctico de órgano para público en xeral que comezará ás 20:30 horas. O mesmo día desenvolveranse as segundas xornadas de portas abertas do Mosteiro, con visitas guiadas gratuítas todo o día, […]

Teatro: «As mil e unha noites»

Parque dos Patos Parque dos Patos, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

Na programación de verán de Barbadás, o xoves 11 de agosto representarase "As mil e unha noites", obra de teatro para todos os públicos. Será ás 21 horas no parque dos Patos da Valenzá. Sinopse A crueldade do sultán, a intelixencia de Sherezade, a pillería de Aladín, a aventura de Alibabá... todo tornará nun xogo […]

Concerto: Uxía e Narf

Praza de San Martiño Praza de San Martiño, Ourense , Ourense, España

Dous grandes da música galega: Uxía e Narf ofrecerán un concerto o xoves, día 11 de agosto, ás 23:00 horas, na Praza de San Martiño, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense dentro do programa Verán Cultural 2016. Uxía & Narf veñen de publicar o seu primeiro disco conxunto, "Baladas da Galiza imaxinaria". […]

Musical rock: «Raiba»

Parque Ansuíña Parque Ansuíña, Baños de Molgas, Ourense, España

O domingo 14 de agosto, ás 23 horas no parque Ansuíña de Baños de Molgas,  terá lugar o musical rock "Raiba".

Musicoloco

Parque dos Patos Parque dos Patos, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, o 18 de agosto haberá a actuación do paiaso e clown Musicoloco, no parque dos Patos da Valenzá a partir das 21 horas.

Conferencia: “Ser muller en México”

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

O vindeiro  mércores 24 de agosto, ás 20.15 horas, Lorena Mosqueda Juárez , psicóloga experta en xénero, imparte a conferencia “Ser muller en México” no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. Mosqueda está unida a Galicia e quere amosar nesta visita a Verín a través dunha charla veraniega e refrescante a realidade […]

Cine: «Vida, máis ca vida!»

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, proxección da película "Vida, máis ca vida!" o venres 26 de agosto, ás 22 horas no parque da Solaina da Valenzá.

Concerto de violonchelo

Igrexa da Madalena Ribadavia, Ourense, España

Este mércores 31 de agosto, ás 20:30 horas, a igrexa da Madalena da Ribadavia acolle o concerto da violonchelista Ester Domingo Sancho. O programa inclúe pezas de Johann Sebastian Bach, Giuseppe Maria dall' Abaco, Domenico Gabrielli e Francesco Paolo Supriani. Nacida en Huesca no ano 1987,  Ester Domingo comeza os seus estudos musicais á idade […]