Teatro: «Aguratrat»
Auditorio A ValenzáO Programa Cultural de Nadal continúa en Barbadás, este xoves, 3 de xaneiro ás 19h, co grupo Pérez&Fernández, que nos presentan o espectáculo "Aguratrat", no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás. Sinopse: Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con […]
Músical: A fiestra dos soños.
Casa da Cultura de Barbadás Rúa San Bernabé 37 , A Valenzá - Barbadás, Ourense, EspañaActuación musical do grupo Trotaventos que presenta o espectáculo "A fiestra dos soños". Este venres, 4 de xaneiro, ás 19 horas. Entrada libre na Casa da Cultura de Barbadás, ata completar aforo.
Boscomusic
Colexio Salesianos Praza Don Bosco, 1 , Ourense, Ourense, EspañaA Asociación Xuvenil Amencer organiza, como tódolos anos, BOSCOMUSIC: un festival de música pola solidariedade. Este é o 22º ano que se leva a cabo Boscomusic. Terá lugar este venres 4 ás 19 h. no salón de actos de Salesianos. As entradas teñen un prezo de 3 euros e xa están á venda na Asociación […]
Concerto: Coro Gli Appassionati
Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, EspañaDende o Coro Gli Appassionati querémosvos facer chegar a nova do noso próximo concerto en Ourense: Este vindeiro domingo, 6 de xaneiro, ás 19.30, no Auditorio Municipal de Ourense na Gala Lírica de Reis a cargo do Coro Gli Appassionati. Interpretaranse obras da ópera italiana e francesa máis queridas polo público: Rossini,Verdi, Donizetti Mozart, Ponchielli, […]
Exposición: “Corpo, natureza e conciencia”
Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación r/ Progreso, 30, Ourense, Ourense, España“Corpo, natureza e conciencia”, de Alberto Pena, no centro cultural “Marcos Valcárcel”. A exposición poderá visitarse ata o día 17 de febreiro. O centro cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense comeza este novo ano coa mostra “Corpo, natureza e conciencia”, na que o artista Alberto Pena, traslada aos lenzos a súa paisaxe interna, cunha […]
Festas San Sebastian en Bande
Bande - OurenseBande celebra a festividade de San Sebastián o vindeiro sábado, 19 de xaneiro.
II Master Class de ximnasia en Xinzo
pavillón municipal de Xinzo de LimiaEste sábado o club EDC Xinzo e o Concello de Xinzo de Limia organizan a II MasterClass de Ximnasia, no pavillón municipal. Nesta edición contarán coa medallista olímpica e campioa do mundo Lourdes Mohedano. Cincuenta serán os deportistas, ximnastas e adestradoras que participarán, divididos en dous grupos, maña e tarde, en horarios de 10h a […]
Conferencia
bar-restaurante O TaraoSustinea, Asociación de Desenvolvemento Sostible de Ourense organiza a charla "Un café con... Arancha Nogueira, poeta, muller, galega". Será o 24 de xaneiro, xoves, ás 19:30 h, no bar-restaurante O Tarao, en Ourense.
Salvamento acuático
Pavillón municipal dos RemediosCampionato Galego xuvenil, júnior, absoluto e máster. Salvamento e Socorrismo Deportivo OURENSE 2-3 febreiro 2019. Piscina Rosario Dueñas
Concerto: Luz Casal
Auditorio Municipal de Ourense Rúa da Canle, nº 2, Ourense, Ourense, EspañaLuz Casal en concerto coa xira “Que Corra el Aire”. No Auditorio municipal de Ourense, venres, 8 de febreiro, ás 20.30 horas. As localidades xa están á venda a través de www.ataquilla.com, sala de exposicións Afundación (praza Maior) e www.caveaproducciones.com. Prezos: 40 euros + gastos anfiteatro e 45 euros + gastos patio de butacas.