A feira de Expourense posiciónase como o mellor escaparate para coñecer a calidade e a orixinalidade das empresas ourensás na organización de eventos.
Un escaparate para demostrar que é posible organizar un evento 100% ourensán. Este é un dos obxectivos de Celebra 2015, o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais que terá lugar en Expourense esta fin de semana do 7 e 8 de novembro durante a cal os expositores ofrecerán asesoramento profesional e facilitarán a organización de eventos tanto familiares como empresariais. Ademais da oferta nunha quincena de sectores, as pasarelas de moda nupcial e festa serán sen dúbida os puntos fortes desta cita.
Celebra foi presentada este mécores na sede da Confederacióin Empresarial de Ourense (CEO) nun acto ó que asistiu o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, que estivo acompañado por tres representantes das empresas que organizan as pasarelas do salón: Manuel Ángel Varela, director da Axencia Luena; Julio Gutiérrez, xerente de Paris Diffusion e Montserrat García, xerente de isaura & amanda.
A 16ª edición de Celebra contará con 64 expositores, un 8% máis ca na edición de 2014. Estes presentarán unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais tales como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e lanzamentos de novos produtos, etc. Esta cita convértese así nun escaparate para as empresas ourensás, xa que preto do 80% dos expositores son da provincia; ainda que tamén haberá espazo para empresas procedentes doutros puntos da xeografía galega, Madrid e Castela e León.
Unha quincena de sectores estarán presentes en CELEBRA destacando a oferta en organización e animación de eventos e servizos audiovisuais que son os que contan con maior representación. Tamén terán o seu espazo a moda nupcial e de festa, axencias de viaxes, aluguer de vehículos, repostería creativa, imprenta, florerías, xoiarías, fogar ou estilismo. Destaca a presenza de varias empresas especializadas na organización integral de eventos e animación, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas.
Actividades
A implicación dun bo número de empresas da cidade con Celebra leva a que, por primeira vez, haxa tres pases da pasarela que terán lugar o sábado ás 19.00 horas e o domingo ás 17.00 h. e ás 19.30 h. Contará coa participación das seguintes empresas: Al detalle eventos (decoración); Alvarino (vestidos noivo e festa), Drácena (arranxos florais), isaura & amanda (moda nupcial, festa e infantil); Loyma (xoiaría); Noar Novias (traxes noiva e festa); Nico y Nicoletta (moda infantil); Paris Diffusion (perruquería e estética); Passion Novias (moda noiva e festa); Quique Martínes (estilismo); Rosa Clará (Moda noiva e infantil); Sommera (moda festa) e Totallity Group (montaxe son e iluminación).
Celebra será ademais un espazo para visitar en familia xa que contará cun área de actividades dedicada aos máis pequenos e que incluirá inchables, obradoiros de pompóns de seda, globoflexia, etc.