Exposición de arte e fotografía da Festa da Istoria
Igrexa da Madalena Ribadavia, Ourense, EspañaA Asociación Coordinadora da Festa da Istoria convida á inauguración da exposición de arte e fotografía este xoves 23 de xuño, ás 21:30 horas, na Igrexa da Madalena de Ribadavia. A mostra poderá visitarse ata o 10 de xullo.
Exposición «Tempo de luz»
Museo Municipal de Ourense Rúa Lepanto, nº 8, Ourense, Ourense, EspañaCos días de verán chega ao Museo Municipal de Ourense (rúa Lepanto) a exposición "Tempo de Luz", do artista vigués Antonio Abad, unha escolla de 24 obras realizadas coa técnica do pastel representativas das paisaxes galegas -ríos, fervenzas, árbores- pero tamén da visión intimista do seu autor. A mostra estará na sala de lectura do […]
Exposición «Taller de Imaxinación»
Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, EspañaVenres 24 de xuño, ás 20:30 horas na Fundación Vicente Risco de Allariz, inauguración da exposición"Taller de Imaxinación". Poderá verse ata o 17 de xullo.
Espectáculo «Terras de Queimada»
Praza García Barbón Praza García Barbón, Verín, Ourense, EspañaO espectáculo "Terras de Queimada", de Queiman e Pousa, celebrarase á noite de San Xoán (xoves 23 a venres 24), ás 0:30 horas, na praza García Barbón de Verín. Tras o espectáculo, o Concello de Verín queimará a tradicional fogueira de San Xoán na Praza da Alameda. A xornada contará tamén coa animación musical de […]
Concerto 2naFronteira
Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, EspañaO sábado 25 de xuño ás 20:30 horas na Fundación Vicente Risco de Allariz concerto de Carmen Penín - 2naFronteira "Homenaxe á revista Nós e ás Irmandadesda Fala".
I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico
Campus Ourense Campus As Lagoas, s/n, OurenseEste domingo día 26, e dentro do Programa das Festas de Ourense, vaise celebrar o "I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico", organizado por Auriense FG e AUCE, coa colaboración do servizo de deportes da Universidade e o Concello de Ourense. Os partidos serán: Feminino, 18 horas: Auriense FG - Herdeiras de Dhais (Lalín) […]
Teatro: «Arsénico por compaixón»
Casa da Cultura de Barbadás Rúa San Bernabé 37 , A Valenzá - Barbadás, Ourense, España"Arsénico por compaixón", de Joseph Kesselring en versión de Tito Asorey, é a última montaxe de Teatro Múxicas, que será estreada o día 29 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio da Casa de Cultura do Concello de Barbadás. Sinopse Lucía, unha actriz galega, está a piques de casar co seu mozo Alberte. Cando vai […]
Exposición: Víctor Ulla
Sala A Fábrica Paseo da Alameda s/n, Allariz, Ourense, EspañaExposición de Víctor Ulla na Sala A Fábrica de Allariz, do 1 ao 19 de xullo. Poderá visitarse de martes a venres de 19 a 21 h e sábados e domingos tamén de 12 a 14 h. A mostra inaugúrase oficialmente este sábado 2 de xullo ás 19 h.
Exposición: Rodeira monocolor»
Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, EspañaO Ateneo presenta a exposición "Rodeira monocolor", de fotografías de J.L. Diz, que se poderá ver durante todo o mes de xullo. Rodeira en b/n, ou monocolor, é unha apreciación persoal deste fotografo que a retratou, xa que a praia de Rodeira, en Cangas do Morrazo, en realidade ten cor. As cores de identidade de […]
Presentación do libro: «Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal»
Fundación Vicente Risco r/San Lorenzo, 3, Allariz, Ourense, EspañaO venres 1 de xullo ás 20:30 terá lugar na Fundación Vicente Risco de Allariz a presentación do libro de relatos galego-portugués "Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal". Neste primeiro volume dos relatos do Sacaúntos, Ramón Caride, Andrea Barreira Freije, Xosé Duncan, J.Madureira e Fernando Méndez achegan unha mirada plural ao perfil criminolóxico de Manuel […]