O vindeiro sábado, 6 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila. Os asistentes ao evento, que comezará ás 19:00 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa, como non podía ser doutra maneira, con foliada aberta e baile.
O sábado, 13 de novembro, a partir das 20.30 horas, na praza do Cruceiro de Vilardevós Magosto popular con churrasco, panceta, chourizos, castañas, pan, bica, viño auga e licores. Prezo: adultos (10 euros); nenos (5 euros). Tamén haberá baile amenizado co dúo Óscar & Sonia.