Con dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía.
O delegado da Xunta en Orense, Manuel Pardo, informou, desde a estación intermodal de Ourense, que a Xunta mellorará desde o 8 de agosto os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía.
Manuel Pardo explicou que os novos servizos sairán ás 12.20 horas do Carballiño e ás 13.00 horas da estación intermodal de Ourense os sábados, domingos e festivos. Así, os sábados os novos servizos ofrecerán conexións en horarios intermedios aos actuais, polo que haberá idas ás 10.15, 12.20 e 19.45 horas desde O Carballiño e voltas, ás 10.45, 13.00 e 20.30 horas desde a estación intermodal de Ourense. Os domingos e festivos os novos servizos habilitarán conexións ao final da mañá en ambos os sentidos, de xeito que as idas sairán ás 12.20, 19.45 e 20.15 horas e as voltas, ás 13.00, 17.15 e 20,30 horas.
Ademais, outros servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense axustan os seus horarios ou itinerarios. De luns a venres, o primeiro servizo do día adianta cinco minutos a saída desde O Carballiño, ás 7.45 horas, e o primeiro servizo de volta pasará a saír das Lagoas ás 8,30 horas, dez minutos antes.frecuencia,
Nas fins de semana e festivos, todos os autobuses entre O Carballiño e Ourense sairán ou finalizarán na estación intermodal, ao non existir practicamente demanda na parada das Lagoas . Deste xeito, as frecuencias de ida das 19.45 horas e de volta das 20,30 horas deixarán de realizar o treito entre a estación e a parada das Lagoas, que viña funcionando baixo demanda.
A información relativa a estes servizos estará dispoñible para a súa consulta nos portais web www.bus.gal e www.mobt.xunta.gal e nas aplicacións para dispositivos móbiles Transporte Público de Galicia e MoBT.






