O Inorde lidera un novo proxecto de cooperación transfronteiriza

Reunión no Inorde

Expertos técnicos da Fundación Paideia, a través de Cultigar, Universidade do Miño, Cámara Municipal de Montealegre e do Inorde reúnense na sede do organismo provincial para sentar as bases da futura cooperación no eido do desenvolvemento rural a través da innovación e potenciación dos productos autóctonos.

O Concello mellorará 12.000 m2 de zonas verdes no paseo do Miño

A actuación consiste na adecuación dos camiños en 11.772 metros cadrados na ribeira do Miño, que se veñen sumar aos 34.000 xa executados cunha renovación de todos os accesos e sendas fluviais.