Sol Vázquez presenta as novas axudas a comerciantes e artesáns ourensáns

Sol Vázquez nunha xornada sobre comercio

A directora xeral de Comercio achegou aos comerciantes e artesáns ourensáns a nova convocatoria de axudas para impulsar a innovación e a calidade no sector comercial e artesán galego, dotado con 2,5 millóns de euros e á que se poden presentar solicitudes ata o vindeiro 11 de marzo.

Cartelle e Outumuro renovarán o seu saneamento e abastecemento

O Diario Oficial de Galicia publica a licitación da renovación do saneamento e abastecemento nos núcleos de Cartelle e Outomuro, no Concello de Cartelle, por un orzamento de máis de 130.000 euros.

Sanidade anuncia a licitación da construción do centro de saúde da Valenzá

O Diario Oficial de Galicia publica unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a licitación da obra de construción do Centro de Saúde de A Valenzá, por un importe de 3,6 millóns de euros e un prazo de execución de doce meses.