Na rúa o novo número de Barrios.
O tema principal da portada é a eclipse solar do 12 de agosto de 2026, un fenómeno histórico que puido verse como eclipse total en varias zonas do leste da provincia de Ourense. Acontecemento atraeu a milleiros de persoas, especialmente a lugares como A Veiga, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Manzaneda ou A Pobra de Trives. A chegada de visitantes provocou tamén importantes problemas de tráfico.
Outro dos grandes protagonistas son as Xornadas de Folclore, que celebraron a súa 46ª edición con arredor de 170 artistas procedentes de Armenia, Ecuador, México, Serbia, Taiwán e Senegal. As actuacións percorreron numerosos concellos da provincia e tiveron unha grande asistencia de público. O festival continúa así coa súa tradición de achegar culturas de todo o mundo a Ourense.
A portada tamén destaca a nova plataforma turística «Ourense Cerca DeTi», unha ferramenta intelixente da Deputación pensada para mellorar a promoción turística mediante o uso de datos, tecnoloxía e información en tempo real. O proxecto conta cun investimento de 1,3 millóns de euros.
No ámbito da provincia e dos concellos, o xornal recolle diferentes actuacións e cambios. Entre eles están as melloras previstas no polideportivo de Barbadás, a creación dunha nova área lúdica acuática en Barrocás, cun investimento superior ao millón de euros, e a polémica polo acceso ao Hospital de Ourense, que enfronta as posicións da Xunta e do Concello.
En Verín prodúcese un cambio importante no Partido Popular coa renuncia dos catro concelleiros da formación. Ademais, o periódico informa doutras actividades culturais e sociais, como o Arenteiro Fotográfico 2026, que reunirá exposicións de fotografía e unha masterclass do fotógrafo Mario Cea.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha





