O Concello súmase á conmemoración do Día Mundial das Vítimas de Sinistros de Tráfico

Nun acto organizado polas asociacións de vítimas: Stop Accidentes e PAT (Asociación de prevención de accidentes de tráfico), o alcalde de Ourense avogou pola educación como clave para inculcar os valores cívicos e de respeto precisos para erradicar e concienciar sobre este problema social.









