Ourense

Gómez Besteiro: «Somos o partido da Galicia real»

Besteiro e Barquero

O secretario xeral do PSdeG chama aos ourensáns a non permitir “que Feijóo substitúa un alcalde de todos os veciños por un amigo seu, dos que sabe que non se atreven a dicirlle que non”.

Anova quere crear unha caixa de aforros municipais

Candidatos de Anova

O nº 1 de Anova ao concello de Ourense, Lito Prado, así como boa parte da candidatura, presentaron unha das medidas prioritarias para estas eleccións municipais: a creación dunha caixa local propia.

A cultura será o eixo vertebrador da política provincial

Baltar con representantes da cultura

O candidato popular á presidencia da Deputación presentou no Castelo de Maceda as liñas básicas e actuacións concretas en materia cultural do Plan Ourense 15-19.

A candidata socialista de Xinzo recibe o apoio do presidente da Cámara Municipal de Montealegre

Elvira Lama, candidata á alcaldía de Xinzo, asegurou que “é un paso necesario establecer relacións de promoción económica, cultural e turística entre ambos municipios por proximidade, pero tamén pola estreita relacións que manteñen os veciños de ambos municipios”.