Ourense

O BNG rematará o mandato coa proposta de declarar Ourense concello contrario ás touradas

Os nacioanlistas levarán a pleno o vindeiro 8 de maio unha moción para declarar Ourense Concello contrario ás touradas seguindo asi coas propostas de protección e defensa animal iniciadas coa declaración de Ourense Concello libre de circos con animais.

Antonio López recibe o «Carracedo» de xornalismo

Antonio López recibe o Carracedo de xornalismo

O periodista recibiu o galardón, que outorga a Deputación de Ourense, polo traballo de investigación titulado «La madre de todas las vacunas», referido á figura de Isabel Zendal, a muller que participou na primeira campaña mundial de vacinación.

DO denuncia un posible apagón de semáforos na capital

O alcalde asegura que, aínda que non está renovado o contrato coa empresa encargada da xestión, ata que se resolva o concurso esta seguirá prestando o servizo.

Festa dos Maios na Alameda de Verín

Este venres 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a Festa dos Maios.