O Rapaz do Asneiro quer casar!

O Rapaz do Asneiro quer casar!

Cando esperabas coa comida morna entre as brasas da Lareira, durmindo cun ollo aberto nas noites de esmorga daquela adiantada xuventude, onde eu quería comelo mundo e toleaba coma o galo da festa cando, coa machada, a avoa cortáballe o pescozo e desfacíase correndo sen cabeza cara a fonte de abaixo. Como te erguías tan […]

Ourense con Sentimento. Para José Antonio Viñas compañeiro e amigo de tantas loitas

Ourense con Sentimento. Para José Antonio Viñas compañeiro e amigo de tantas loitas

Era un domingo coma outro, máis florido se queredes, pois o ceo limpo arrincaba a primavera, un tempo que convidaba a sentar aos cativos nun verde prado a merendar, esa estampa que nos leva a infancia que xa nos deixou se cadra, aínda que algúns sabemos que somos maiormente uns meniños merendado á sombra dun […]

O meniño calado

O meniño calado

Sentouse no chan paseniño, como se aquel paquete envolto en papel de cores non lle chamara moito, devagarciño foi sacando un a un os anacos de celo pegados nas esquinas, sen abrilo, chamoume a atención o xeito feble, tan delicado de facelo. Para alguén que o vira de xeito descoidado podia parecer que non lle […]

O mazadoiro dos de Clara

O mazadoiro dos de Clara

O sol érguese cedo en Ribas do Asneiro no verán. Érguese máis cedo aínda a xente para aproveitar a fresca, ás dez e media xa poden moscar as vacas, entón lévanse para a corte á sombra, mais para os segadores a sombra agarda ata o descanso das once. As mulleres trouxeron uns chourizos e unhas […]

As troitas, os rapaces e o Rei das andrómenas

As troitas, os rapaces e o Rei das andrómenas

O Asneiro, debaixo do “Pozo do Leiro”, fronte as chousas do “Pío”; escorrenta e vólvese escuma e vertixe. Reparte o sangue entre os muíños e o “Pozo Negro”. Antes, entre o rego do muíño e o camiño de seu, deixa unha arteria, no verán case que seca, onde con terróns pódese atoar e case desecar […]

O aceite das ánimas

O aceite das ánimas

Ás doce en punto estalan os cristais das ventás, cada noite un misterio, un aterrecemento, primeiro o bruar xordo do vento, como un coitelo rañando nun arame dos da traída da luz, despois un callafrío na pel, un cheiro a xofre, e fica todo calado, non soa nin o murmurio do Asneiro como se tamén […]

“Ensina a Galicia do interior, vista de dous xeitos: os que emigraron e os que quedaron”

“Ensina a Galicia do interior, vista de dous xeitos: os que emigraron e os que quedaron”

Tras cinco anos mandando puntualmente a súa colaboración, as súas “andrómenas”, Avelino Jácome decidiuse a recopilalas todas e plasmalas nun libro que presentou o pasado mércores día 30 de xaneiro no Liceo de Ourense, que se encheu para darlle os parabéns. “As androménas e outros contos” de seguro é un libro que pode ou non […]

«As Andromenas e outros contos» de Avelino Jácome y Manuel Blanco

«As Andromenas e outros contos» de Avelino Jácome y Manuel Blanco

«As Andromenas e Outros Contos» se trata de una serie de 32 relatos cortos que cuentan a través de la inocente mirada de dos niños la historia real, de dos familias de la Galicia interior. Dos miradas diferentes, una más poética y dramática y otra más pragmática. Ambos, van desgranando su historia más íntima, como […]