Traballo intensivo esta Semana Santa na pasarela do Barbaña

Os traballos de rehabilitación e mellora da pasarela peonil sobre o río Barbaña axilizaranse durante esta semana, na que se traballará ininterrompidamente de luns a sábado, incluíndo os xoves e venres santos. Esta importante infraestrutura, que agora está sendo sometida ao cepillado da parte metálica, volverase abrir ao paso de peóns no mes de maio. […]