Por redaccion el Comentarios desactivados en Leiro recibirá atletas de toda Galicia para a súa carreira popularcarreira, Leiro, popular, portada
O vindeiro 7 de xullo celébrase a 36ª edición da carreira popular de Leiro que ofrecerá aos participantes un percorrido de 10 quilómetros para a proba absoluta. A carreira popular de Leiro establece categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas. Deste modo, ás 10 horas será a saída para os participantes das categorías C, […]
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comprobou sobre o terreo o resultado do acondicionamento da rúa Casanova e do Centro Cívico, no Concello de Leiro, e destacou a mellora que supón para o contorno urbano, e a accesibilidade e seguridade nos percorridos dos seus veciños. O investimento foi de 100.000 euros (a Administración […]
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o concello de Leiro co obxectivo de comprobar as obras de acondicionamento e humanización realizadas na rúa Prado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Díaz Mouteira estivo acompañada do alcalde do municipio, Francisco José Fernández. A actuación supuxo un investimento do Goberno […]
Por redaccion el Comentarios desactivados en Leiro ultima os detalles para acoller a 35ª edición da súa carreira popularcarreira popular, Leiro, portada
O municipio de Leiro prepárase para acoller, o día 8 de xullo, a 35ª edición da súa Carreira Popular, “unha das máis antigas de toda Galicia”, sinalou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación deste evento deportivo que tivo lugar hoxe no Pazo Provincial e na que estivo acompañado polo alcalde e […]
A Xunta e o Concello de Leiro colaborarán na mellora das rúas Casanova e Leiro Pequeno mediante un investimento conxunto de 118.671 euros. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde deste municipio ourensán, Francisco José Fernández, asinaron un convenio para o desenvolvemento destas actuacións. Este acordo permitirá acometer as obras de […]
A XXVIII edición da “Festa da Vendima” mesturará música, gastronomía e artesanía o día 27 de agosto no municipio de Leiro O programa de actividades comeza ás 10.00 horas coa recepción de acios a concurso e posterior exposición. Ás 11.30 horas será a benvida ás autoridades e convidados na Casa do Concello, para dar paso […]
O proxecto consiste na recuperación dun tramo de senda na marxe dereita do río Avia, de 193 metros de lonxitude, que actualmente ten unha pasarela de madeira apoiada en pilas de formigón, cuxa estrutura se atopa en mal estado de conservación. O investimento previsto para esta obra ascende a 310.000 euros, achegados nun 32% polo […]
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou as obras de rehabilitación do Mosteiro de San Clodio de Leiro que leva a cabo o departamento do Goberno galego que dirixe para transformar parte deste histórico edificio no primeiro spa de viñoterapia da Comunidade e que, segundo manifestou, teñen como obxectivo “garantir a recuperación íntegra […]
A deputada socialista, Noela Blanco, presentou unha pregunta por escrito ao Goberno galego sobre a falta de limpeza do CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro, instando á súa limpeza inmediata e as tarefas de mantemento correspondentes. Alerta da “lamentable situación” do centro de Leiro, con graves deficiencias de mantemento “que deben ser resoltas de maneira […]
Os Premios D.O. Ribeiro, que celebraron a súa quinta edición nunha Gala organizada polo seu Consello Regulador, reuniron este mércores a todos os actores do sector no histórico Mosteiro de San Clodio (Leiro). Durante o evento entregáronse os galardóns aos mellores viños da D.O. Ribeiro, designados por un panel de cata de expertos, que onte […]