Terreos para construir vivendas sociais en Oímbra

O presidente Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, visitaron os terreos, que foron financiados pola institución provincial, para a construción de vivendas sociais en Oímbra, unha iniciativa municipal que pretende asentar poboación no concello. O investimento da Deputación de Ourense destinado á adquisición destas dúas parcelas ascende aos 69.746 […]

Medio Rural mellora o camiño de acceso á ermida de San Roque

Medio Rural mellora o camiño de acceso á ermida de San Roque

A Consellería de Medio Rural destina 60.000 euros á mellora do camiño de acceso á ermida de San Roque no Concello de Oímbra. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse ao concello de Oímbra e analizou xunto coa alcaldesa deste municipio ourensán, Ana Villarino, o proxecto que se está a executar […]

Rematada a primeira fase de acondicionamento da estrada que comunica Oímbra con San Cibrao

Rematada a primeira fase de acondicionamento da estrada que comunica Oímbra con San Cibrao

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade colaborou co concello ourensán de Oímbra para realizar na estrada que comunica a capitalidade do municipio co núcleo de San Cibrao a primeira fase das obras de acondicionamento que inclúen traballos de renovación do asfaltado e ampliación da súa anchura. Esta actuación, xa rematada, supuxo un investimento do departamento […]

Medio Ambiente axiliza os pasos para a construcción de vivendas en Oímbra

Medio Ambiente axiliza os pasos para a construcción de vivendas en Oímbra

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou á alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, que o Instituto Galego de Vivenda e Solo axilizará a tramitación do Plan especial de construción de vivendas neste municipio. Este foi un dos compromisos que a responsable de Medio Ambiente trasladou á rexedora municipal durante o encontro […]

A Feira do Pemento de Oímbra, escaparate do produto estrela da súa gastronomía

A Feira do Pemento de Oímbra, escaparate do produto estrela da súa gastronomía

O municipio de Oímbra acollerá o vindeiro domingo, 5 de agosto, a XXI edición da súa tradicional “Feira do Pemento”, escaparate do produto estrela da súa gastronomía e declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A presentación desta celebración tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo […]

Programa de rehabilitación de vivendas no rural

Programa de rehabilitación de vivendas no rural

A Deputación de Ourense e os concellos da Veiga e Oímbra asinan un convenio para impulsar un programa de rehabilitación de vivendas no rural O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os alcaldes da Veiga e Oímbra, Juan Anta e Ana Vilariño, asinaron no Pazo Provincial senllos convenios de colaboración para desenvolver un […]

Xunta e o goberno central únense para recuperar a zona afectada nos concellos de Cualedro, Oímbra e Monterrei

Xunta e o goberno central únense para recuperar a zona afectada nos concellos de Cualedro, Oímbra e Monterrei

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, supervisou esta semana os traballos de restauración forestal e medioambiental das áreas afectadas, o pasado verán, polos incendios na comarca de Verín. A Xunta e o Goberno Central destinan arredor de 550.000 euros aos traballos de recuperación nos concellos de Cualedro, Oímbra e Monterrei. As labores céntranse no […]