A Derradeira do Ano, celebrada dende hai anos, tórnase especial e amosa, un ano máis cun carácter solidario. Debido ás circunstancias sanitarias xeradas pola Covid-19 este ano cambia de formato. Dende a Concellería de Deportes do Concello de Allariz propoñen un ano máis despedir o ano facendo deporte e sendo solidarios. Donde poderás inscribirte? Deberás […]
Co lema “Agora máis que nunca, necesitámoste”, a agrupación de Protección Civil do Concello de Ourense anuncia a súa campaña solidaria de recollida de alimentos e xoguetes, que irá do 1 de decembro de 2020 ao 10 de xaneiro de 2021, ambos inclusive. A campaña persegue recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes (excepto peluches) para […]
A milla solidaria chegou este ano á súa terceira edición. Da man de Onda Cero e Club Deportivo Aurum organizouse un evento no que o recadado foi para Cruz Vermella -arredor de 500 euros-. Foron preto dun cento os atletas participantes de todas as categorías. Os máis cativos realizaron unha distancia acorde á súa idade, […]
A rúa do Paseo volve acoller a Milla Urbana Solidaria, que este ano chega á súa terceira edición. Concebida cun carácter benéfico, nesta ocasión todo o recadado irá a parar a Cruz Vermella Ourense (os dous primeiro anos o beneficiario foi a AECC). O Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do […]
O municipio da Peroxa acollerá o vindeiro domingo, 12 de maio, a cuarta edición da súa andaina solidaria que se celebrará a favor da Asociación de fibromialxia, fatiga crónica e sensibilidade química múltiple de Ourense (AFFOU). A saída e a meta da proba será na praza do Concello da Peroxa. O evento comezará ás 9.30 […]
O vindeiro 1 de maio, celebrarase a II edición da Andaina Solidaria de Verín, organizada polo Concello de Verín e o Clube Sendeiristas de Monterrei, en beneficio de Cruz Vermella Monterrei. O percorrido, que será de 13 quilómetros, comezará na Praza da Mercé (oficina de Cruz Vermella), e discorrerá por Queizás, o Castelo de Monterrei […]
Os próximos sábado e domingo, 8 e 9 de decembro, a praza Maior de Verín acolle a IV edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán 19 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces. Este ano tamén se habilitará un posto solidario, onde se recollerán alimentos de primeira necesidade […]
O vindeiro 14 de xullo celebrarase a I Andaina Solidaria de Verín organizada pola Cruz Vermella Monterrei en colaboración co Concello de Verín. O percorrido será de 6 kilometros, comezará na Praza da Merced e chegará ata a localidade veciña de Tintores, bordeando o Río Támega. As inscricións serán de 5 euros, correspondentes a adquisición […]
Por segundo ano consecutivo, a Milla Urbana Solidaria celébrase na rúa do Paseo. Nesta ocasión terá lugar o vindeiro domingo, 17 de xuño. As series desta proba, de medio fondo, darán comezo ás 11 horas. Nesta xornada disputaranse carreiras en todas as categorías (pitufos, sub 10, sub 12, sub 14, sub 16, sub 18, sub […]