Deputación de Ourense e Ministerio de Industria presentan o programa.

“Programa de Axuda ao Emprego Xove”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director da Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria, Fernando Bayon, presentaron no espazo “A Molinera” o “Programa de Axuda ao Emprego Xove de Ourense”, unha iniciativa que ten como obxectivo a formación de xóvenes no sector tecnolóxico, un dos ámbitos máis demandados polas empresas ourensás.

O programa, que é unha das medidas incluídas no Plan de Mandato “Ourense 15-19” desenvolvido por Manuel Baltar, beneficiará a máis de 450 mozos desempregados de entre 16 e 30 anos, e conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros, dos que a Deputación de Ourense achega o 8 % e o resto é financiado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa de Garantía Xuvenil e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través da EOI.

O obxectivo é ofrecerlles aos mozos coñecementos e habilidades para a súa inmersión profesional no mundo das novas tecnoloxías e capacitalos para configurar, operar e integrar aplicacións de e-business a través de plataformas de rede usando a tecnoloxía da web. En concreto, os mozos recibirán formación gratuíta en programación JAVA, unha das máis demandadas polas compañías tecnolóxicas, todo elo acompañado por axudas á contratación.

Esta iniciativa que xa está en marcha o primeiro curso dos seis que se van a desenvolver en Ourense, neste caso de especialización en programación en JAVA de 100 horas de duración, que se impartirá no espazo A Molinera, e ten como finalidade que os alumnos poidan mellorar coñecementos e habilidades tecnolóxicas usando ferramentas de Java e WebSphere.

Os alumnos que superen o curso terán a posibilidade de ser contratados por empresas ourensáns, xa que o programa formativo leva asociado axudas ás empresas para a contratación de mozos.

Do investimento total, 900.000 euros destinaranse ao programa de formación con compromiso de contratación, dos que o 60% dedícase a formación e o 40% a axudas a contratación (desenvolveranse 10 programas de temáticas demandadas polas empresas da provincia, iniciándose no centro La Molinera con programas de Marketing Digital e Programación Web). Finalmente, dedicaranse 300.000 euros ao estímulo do autoemprego como saída profesional, destinando tamén o 60% á formación e o 40% a axudas para a posta en marcha de empresas.

Os interesados en participar poderán solicitar máis información ou inscribirse na páxina web: www.eoi.es/formacion-para-el-empleo-joven.