Enfrontaranse na primeira eliminatoria do playoff de ascenso.

Oviedo agarda ao COB

Ao mellor de cinco partidos a elimnatoria entre Oviedo e Club Ourense Baloncesto cos primeiros co factor pista favorable. O COB viaxa no mesmo día do primeiro partido (este venres) e quedarase ata despois do segundo (o domingo).

Grazas a gañar a Copa Princesa de Asturias o Oviedo, que rematou de cuarto na competición regular, terá o factor pista a favor en todas as eliminatorias; polo que ascende á segunda posición a efectos de playoff. Iso fixo que o COB, que foi noveno, crúcese no seu camiño.

Semana tranquila
Para o técnico cobista, Gonzalo García de Vitoria, esta foi unha semana tranquila, xa que todos os xogadores estiveron á súa disposición nos adestramentos.

García de Vitoria móstrase contento por disputar esta promoción de ascenso despois de que o marcaran como obxectivo durante toda a segunda volta. Unha vez dentro, e a pesar de coñecer as dificultades, a ambición é máxima para chegar o máis lonxe posible.

Partidos impares
Todos os entendidos ven como partidos chave os encontros impares. Por iso, García de Vitoria plantexou a eliminatoria pensando no partido máis inmediato para poder dar a sorpresa.

O adestrados buscará que a eliminatoria chegue ao Pazo cunha vitoria no peto cobista.

Oviedo
Enfronte estará un Oviedo que fixo unha gran campaña, «quizáis por enriba das súas posibilidades» como apuntaba Gonzalo García de Vitoria.

«Teñen a un gran adestrador» afirmaba o técnico ourensán, quen ademais analizaba ao rival. «Saben ao que xogan; en ataque teñen un ritmo alto; bloqueo directo e unha gran capacidade no tiro de tres son as virtudes en ataque» afirmaba. «E en defensa denfenden o bloqueo directo moi agresivo e non deixan tirar cómodo de tres», sentenzaba.

Unha das vantaxes que poden ter os ovetenses sobre os ourensáns é a plantilla. Mentres o Oviedo conta con 12 xogadores, o COB ten a 10. Ademais Pumarín enchése para ver ao seu equipo e nesta eliminatoria non será menos. Todo listo para que comece o playoff para o ascenso.