O actor ourensán, Jorge Varandela representa con grande éxito a obra El triángulo azul que chegará a Ourense o 12 de novembro deste ano.

Durante as festas de Nadal son moitos os ourensáns que regresan a casa a pasar uns días de lecer cos seus. Mozos e mozas que tiveron que marchar polas poucas ofertas laborais, aparcan o seu día a día lonxe da vella Auria para regresar a unha cidade das Burgas que os espera cos brazos abertos. Cada ano damos voz a un deses ourensáns que teñen algo que contar. Nesta ocasión abrimos o Barrios a Jorge Varandela actor que está a representar a obra El triángulo azul co Centro Dramático Nacional (CND). Está obra que chegará ao Auditorio de Ourense no mes de novembro. A crítica fala «do gran traballo do actor galego» no Triángulo azul.

Como chegas a ser actor?
Jorge Varandela: «Comecei desde moi cativo. Cando tiña 10 anos facía funcións a escola e os meus pais animáronme a probar se me gustaba. Sempre quixen enfocar os meus estudios hacia as artes escénicas; gústame moito interpretar. Licencieime en arte dramático e marchei a Madrid a facer a diplomatura. Agora estamos montando un espectáculo de último ano, ademais de estar na representación de El Triángulo azul do CND».

É a primeira obra profesional que fas?
J.V.: «En teatro si. Tamén fixen Zarzuela, traballei no Teatro Real e fixen Ópera, pero facendo un papel secundario».

E agora estás coa obra El Triángulo azul. De que vai a obra?
J.V.: «Trata sobre os españois que estiveron no campo de concentración de Mauthausen e foron considerados apátridas por Franco que non os quixo recoñecer como españois cando comezou a dictadura. Falamos deses 7.000 que levaron ao campo de concentración dos cales solo sobreviviron uns 2.000».

En Madrid colleitastedes un gran éxito. Cando chega a Ourense?
J.V.: «En Madrid actuamos durante un mes todos os días. Agora iniciaremos unha xira que nos levará ata final de ano por toda España e fóra do país. A Ourense chegaremos o 12 de novembro e representaremos no Auditorio».

Que supón para ti actuar nas táboas ourensás?
J.V.: «Para min é un placer. É algo que sempre quixen facer. Añoras rematar unha función e que non estea a túa familia. Está a outra familia e amigos que o boto en falta que a miña familia veña a verme».

Actuar nesta obra é unha grande oportunidade?
J.V.: «Para min é un agasallo. Xa non só polo sitio no que entrei, tamén pola xente coa que entrei e a directora coa que traballo, que é unha directora -Laila Ripoll- que me gustaba de sempre».

Cal é o teu personaxe?
J.V.: «Fago de Jacinto que é un neno que está no campo de concentración e participa na trama sobre o plan dos españois de sacar as fotografías ao exterior para poder ser liberados».

Por que ten que ir a xente a ver El triángulo azul cando veña a Ourense?
J.V.: «Por que é unha historia que non se coñece e foi real. Non sabiamos da existencia deste feito que non é tan lonxano».

>>»Cando estabamos en función viña xente na que o seu avó estaba nas fotos que proxectamos. Á obra foi o fillo do único supervivinte de Mauthausen. É unha historia non moi lonxana e debe ser recoñecido».

As críticas portáronse ben contigo. Incluso falan do gran traballo do actor galego.
J.V.: «A verdade é que non o pensaba nunca nesto. É certo que me importa a opinión da xente pero impórtame máis gozar co meu traballo. As críticas están sendo moi boas sobre o meu traballo. O grupo axudoume moito e síntome moi apoiado. Tanto os meus compañeiros como a directora fan que me sinta coma en casa. Estou gozando moito».

Esas críticas son froito de moito traballo.
J.V.: «Estivemos durante dous meses ensaiando a razón de seis horas ao día, seis días á semana. Agora seguimos ensaiando para que en cada bolo a función vaia crecendo; podemos meter cousas novas para que sexa unha obra cada vez mellor».

Hai partes musicais. Tiveches que traballar a voz?
J.V.: «Fun a clase de voz durante un mes, aprendinme dúas cancións e tres escenas para o casting. Prepareimas todos os días por que estaba nunha situación que si non me salía nada estabame a plantexar deixala interpretación; así que fun a por elo con todas as gañas».

A pesar de seguir con El triángulo azul estarás con outras cousas en carteira?
J.V.: «Teño varios proxectos pero que aínda non están pechados. Estou ensaiando unha montaxe de Alicia en el país de las maravillas que o dirixe Juan Codina. Esperamos estrenar a principios de marzo. Tamén estou preparando outras cousas de carácter audiovisual».

Que cousas?
J.V.: «Estou en contacto cun director co que fixen unha videocreación para un dos seus libros e a partir de aí chamoume para unha serie de curtas. É posible que fagamos o seu libro película, pero todavía está co guión

Traballas lonxe de Ourense. Hai máis oportunidades fóra que en Galicia?
J.V.: «A realidade é que aquí hai poucas oportunidades. Non me ofreceron nada e iso que o tentei moito. Houbo un momento en que tiven que buscar as oportunidades fóra. Para iso esforceime máis e estudiei máis. Unha das miñas espiñas é traballar aquí».

A túa carreira non acaba máis que comezar pero, cal é o personaxe que te gustaría interpretar?
J.V.: «Tiven a oportunidade de ver fai pouco Viaje a ninguna parte, e é certo que me gustaría interpretar ao personaxe principal. Teño moita predilección por Lorca, entón encantaríame estar nunha das súas obras».

Como ves o teatro actualmente?
J.V.: «Por desgracia non está nun bo momento. Non é por falta de interese senón por cuestións económicas e políticas que está a vivir o país. O do 21% do IVE cultural é coma unha puñalada polas costas. O teatro é algo necesario, é aprendizaxe e é cultura; non debemos olvidar de onde saiu e a base educativa que ten. A miña experiencia é que a xente ten interese polo teatro. Os días do espectador o teatro estaba cheo e moita xente na rúa con carteis pedía unha entrada, a mercaba. O último día de función en Madrid a cola era inmensa».