Francisco Afonso Colmenero toma o relevo da man de Manuel Couto Rivas ao fronte do BNG de Oimbra.

 

Couto Rivas presentou este mércores a súa renuncia, por motivos persoais, como concelleiro en Oimbra. Francisco Afonso Colmenero toma o relevo ao fronte da formación do BNG en Oimbra co coñecemento e responsabilidade que implica o seu cargo. Consciente da confianza que os militantes e simpatizantes da comarca de Oimbra depositaron nel asume da man do seu antecesor o seu labor de coordinación do BNG neste concello.

Segundo indicou o BNG nun  comunicado, Colmenero asume este novo reto con ilusión e con moitas ganas de traballar pola súa comarca, os seus militantes e simpatizantes e os seus veciños. O seu desexo é que todos os simpatizantes e militantes colaboren conxuntamente para optimizar a labor que está a desenrolar o BNG en Oimbra.

O Consello Comarcal do Bloque en Monterrei agradece a Manuel Couto polo magnífico labor realizado como concelleiro durante todos estes anos no seu concello e bríndalle a Francisco Afonso todo o apoio necesario para levar a cabo a súa xestión con éxito.