Comezará o 14 de marzo.

O ximnasio Body Fitness de Xinzo organiza un curso de monitor de sala fitness no mes de marzo. A formación, de 40 horas, iniciarase o sábado 14 de marzo e desenvolverase os días 21, 22, 28 dese mes e 11 de abril.

Os interesados en participar poden inscribirse chamando ao 988 462 202 ou na avenida de Ourense, 86, de Xinzo de Limia. O ximnasio prepara tamén para marzo outro curso, desta volta de nutrición.

Body Fitness abre en horario continuo de 8 a 22:30 horas de luns a venres e de 9 a 20 horas os sábados, ofrecendo clases colectivas en horario de mañá e tarde de krav maga, spinning, pilates, step, cardiobox, zumba, e kendo. Ademais, o profesor Bernardo Lameiras imparte karate tanto para adultos como para nenos.