Os ourensáns do Marbel acadaron un total de sete medallas no Campionato Galego de Jiu jitsu.

O pasado 14 de febreiro celebrouse no polideportivo municipal Barrio das Flores (A Coruña) o Campionato Galego de Jiu jitsu. Os integrantos do club ourensán do Marbel lograron un total de sete medallas (catro de ouro, unha de prata e dúas de bronce).

Os ourensáns campións galegos foron Ana Fernández Morais (-62 quilos), Tamara Silva (-70 quilos), Felipe Iglesias (-62 quilos) y Tono Fernández (-85 quilos); ademais Ana Fernández logrou a prata en menos de 70 quilos. Mentres, Mauro Prada (-69 quilos) e Miguel Pardavila (-69 quilos) lograron os dous a medalla de bronce.