Os xogadores da Unión Deportiva Ourense disputarán o partido contra o Arcos lucindo nos cordóns das botas dos xogadores as cores do Arco Iris. O Cidade As Burgas de Primeira División de fútbol sala tamén o fará no seu partido contra a UA.

A iniciativa xurde da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB), para conmemorar o Día Internacional contra a homofobia no fútbol. Xogadores de moitos outros equipo uniranse a esta causa.

En canto ao estritamente deportivo, a UD Ourense visita ao Arcos o sábado 21 de febreiro a partir das 16,30 horas. O encontro disputarase no municipal de Espiñedo, e a entrada terá un custe de 5 euros.
Mentres a UD tentará lograr a súa décimo novena vitoria consecutiva en Liga, o Arcos buscará a novena. Os de Carballiño son sétimos con 26 puntos, lonxe da terceira posición -a 11 puntos- que da dereito ao ascenso de categoría. Pola súa banda os capitalinos son líderes indiscutibles.