A Banda Municipal traslada a súa actuación ao Liceo, onde ofrecerán o seu concerto semanal co coro Vellos amigos de Manuel de Dios.

 

O Auditorio Municipal acolle esta semana unha carteleira de programación de primeiro nivel, onde destacan as actuacións do humorista David Guapo, o venres 6 ás 21 horas. Co seu monólogo “Que no nos frungan la fiesta”, traerá unha aposta na que se combina diálogo e música nun intercambio constante de impresións cos espectadores.

Un día máis tarde, o sábado 7 a partir das 20 horas, terá lugar o concerto solidario a Rosa María Lobo, participante española no antigo festival da OTI. Participarán artistas como Emilio Rúa, María do Ceo, Pili Pampín ou o grupo Etiqueta Negra.

Finalmente, o domingo ás 12 horas será a actuación infantil co espectáculo Ra Ra Ra, da compañía Abrapalabra Creacións Escénicas dirixido aos maiores de 2 anos. Esa mesma tarde ás 20.30 horas, será o turno da cantante Guadi Galego, presentando o seu último traballo Lúas de outubro e agosto. Fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade.

A maiores desto, a Banda Municipal de Música de Ourense actuará o venres ás 20 horas no Liceo – inicialmente estaba previsto para o Teatro Principal -, xunto co coro Vellos amigos de Manuel de Dios.