Nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade poden inscribirse na Aula Municipal de Natureza do río Miño, en Oira.

 

A Concellería de Educación de Ourense organiza un programa de actividades de Semana Santa, dirixidas aos escolares, que se desenvolverán durante a Semana Santa 2015 na Aula de Natureza do río Miño, en Oira. Nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade terán a oportunidade de gozar de diferentes propostas lúdicas e formativas durante o seu tempo de vacacións escolares, centradas no coñecemento e desfrute da natureza.

As actividades serán o luns, 30, o martes, 31 de marzo, o mércores, 1 e o luns, 6 de abril, de 10.00 a 13.00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Con elas preténdese que os máis cativos pasen unhas vacacións únicas, co medio ambiente como protagonista, achegándose a un contorno saudable, con divertidas propostas baseadas na natureza, e concienciándoos da importancia da conservación do medio ambiente. Con estas propostas, o Concello pretende tamén facilitar apoio a nais e pais na conciliación da vida familiar e laboral durante estas datas de vacacións escolares.

O programa de actividades pretende estimular aos menores a coñecer, gozar e defender o noso contorno natural. Entre elas, realizaranse unha ruta de cans polo río Loña, unha charla de Marcos Rodríguez Pantoja, cuxa historia deu orixe á película «Entre lobos»., un paseo con Alberto Rivera polo Loñabuscando anfibios e réptis; a elaboración de arte con materiais naturais do monte; a visita da Fundacion Xaquín Lorenzo, e o obradoiro de creatividade: “Inventa os teus animais”

As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Aula de Natureza, en Oira, ou no 988 510 781. O custo da actividade é 10 euros.