Presentación de I Outlet Couto

O evento, organizado polo Centro Comercial Aberto coa colaboración do Concello, promocionará a oferta comercial do barrio, e incluirá unha zona gastronómica, actividades infantís e actuación de grupos ourensáns.

O Centro Comercial Aberto Couto Centro, coa colaboración da Concellería de Comercio do Concello de Ourense, organiza o I Outlet Couto Centro, que se desenvolverá dende o venres, día 13, ata o domingo, día 15 de marzo, na praza da Chave, nas inmediacións do estadio do Couto.

A concelleira de Comercio, Juana Ageitos, e o presidente do centro comercial, Julio Prol, presentaron a iniciativa, que pretende promocionar a actividade comercial do barrio, acompañada de actividades lúdicas e culturais dirixidas as participantes de todas as iidades. Unha vintena de comerciantes do barrio exporán os seus produtos, nun espazo que contará con tres zonas: comercial, gastronómica e lecer.

O espazo comercial incluirá expositores de sectores como bisutería, calzado, deporte, estética, complementos, electrodomésticos, entre outros, onde os visitantes poderán realizar as súas compras e aproveitarse de numerosas ofertas e descontos especiais.

Na zona de gastronomía estará dispoñible a oferta de tres establecementos hosteleiros e na de lecer, haberá inchables e actividades para que os nenos e as nenas se entreteñan mentres os maiores visitan os expositores.

Para animar á xente a achegarse ao I Outlet Couto Centro, os organizadores prepararon tres concertos de grupos ourensáns:
o venres, ás 21 horas, Álex López e Cristina Eiró; o sábado 14, ás 21horas, “Ménage á trois”,  e o domingo, ás 20:30 horas, “Soul and Roll”.

Os seus promotores pretenden qu3e se consolide «como un evento de referencia no panorama comercial ourensán», afirmaba Prol.

O Outlet estará aberto os tres días de 10 da mañá, cando abrirán os comercios, ata a medianoite, cando rematarán as actividades de hostalaría. O acceso é gratuíto. A actividade conta cun orzamento de 12.000 euros, achegado polos comerciantes do barrio e a axuda da Concellería de Comercio.